Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente inicia unha campaña de sensibilización sobre a xestión de residuos na hostalería en Burela

A CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE INICIA HOXE UNHA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A XESTIÓN DE RESIDUOS NO SECTOR DA HOSTALERÍA.

Burela, 28 de marzo de 2012. A Concellería de Medio Ambiente inicia hoxe unha campaña de sensibilización sobre a xestión de residuos no sector da hostalería en Burela.

Segundo explica a edil Patricia López Eijo, “a técnico de medio ambiente do Concello visitará persoalmente os locais do sector da hostalería e restauración para informalos sobre a posibilidade de acollerse a un servizo de xestión dos restos de aceite vexetal producidos pola súa actividade”. A concelleira de Medio Ambiente subliña que “dito servizo non terá custe algún para as empresas, e os empresarios que se acollan ao mesmo disporán de envases axeitados para o depósito dos residuos de 50 litros de capacidade. O servizo garante a recollida sempre que o establecemento a demande así como a entrega dun histórico detallado do residuo xenerado en cada local”.

Nesa visita tamén lles darán información sobre outros aspectos da xestión de residuos nos seus establecementos.

Remitido

Exit mobile version