Hai catro anos varios medios de comunicación visitaron a miña facenda na parroquia de Mor en Alfoz para informar sobre o nacemento dun poni, algo pouco frecuente en Galiza xa que os machos adoitan vir castrados de Inglaterra pra evitar a reprodución fóra da illa. Estes días naceron dúas novas crías, un macho e unha femia, irmáns polo pai, e de dúas nais diferentes. Son auténticos ponis, sen cruces alleos á especie. A cría femia naceu o domingo 18, pesou 12 quilos e ten capa bicor: Castaña e branca. Poucos días antes nacera a cría macho, pesou 7 quilos e ten a mesma capa que a irmá.