Site icon Crónica3.com A Mariña

Nenos dos centros de ensino de Barreiros prantarán nove árbores para conmemorar o Día das árbores

Nota de prensa

OS NENOS DOS CENTROS DE ENSINO DE BARREIROS PRANTARÁN NOVE ÁRBORES O VINDEIRO 20 DE MARZO. O ACTO SERVIRÁ PARA CONMEMORAR O DÍA FORESTAL MUNDIAL OU DÍA DAS ÁRBORES.

Barreiros, 16 de marzo de 2012. Os nenos dos centros de ensino de Barreiros prantarán nove árbores o vindeiro martes, 20 de marzo. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explica que “con esta actividade conmemoraremos o día mundial das árbores ou día forestal mundial”.

A xornada de prantación dará comezo ás 11 da mañá na gardería municipal; seguirá ás 11:30 horas, no CEIP de San Cosme; e rematará ás 12:10 da mañá no CEIP de San Miguel. Gómez Puente sinala que “o que queremos é concienciar aos nenos e aos rapaces da importancia que ten a natureza e dos coidados que precisa para que todos a poidamos disfrutar”.

Praia de Arealonga

Un grupo de 20 veciños de Barreiros participaron a pasada fin de semana nunha xornada medioambiental na praia de Arealonga. Gómez Puente relatou que “alí recolleron plásticos, botellas e outros obxectos que abundan nos areais durante os días de temporal”.

O concelleiro de Medio Ambiente agradece “o esforzo dos veciños que se animaron a participar nesta xornada para deixar a praia de Arealonga libre de residuos. O que pretendemos con esta actividades é sensibilizar e concienciar á sociedade sobre o medio ambiente, ademáis de lembrarlles aos veciños a importancia de promover a utilización óptima dos colectores verdes e amarelos e tamén o punto limpo”.

Exit mobile version