Site icon Crónica3.com A Mariña

O actual e o anterior equipo de goberno de Ribadeo son uns xestores demasiado alegres á hora de gastar á lixeira asegura o PSOE

Nota de prensa

Declaracións do portavoz municipal Eduardo Gutiérrez

Intervención no ponto 7º da orde do día do Pleno relativo á dación de conta sobre as facturas pendentes de pago

Como unha obriga para acollerse ao Real Decreto Lei 4/2012 de 24 de febreiro polo que resulta imprescindible facilitar ao Pleno da Coprporación a relación de débedas de proveedores, preséntasenos agora, curiosamente despois de informar aos medios de comunicación antes que aos grupos municipais, a relación de facturas a proveedores e o primeiro que chama a atención é o total da débeda: 1.780.620,78 euros. Falamos da débeda a proveedores, non da débeda bancaria, non dos créditos a longo prazo destinados a investimentos, que hai que pagar e ao que se sumará un novo, neste caso para facerlle frente á liquidación dos proveedores. Di o Alcalde que é unha cifra importante, ainda que menor da que podia ser hai non moito tempo; quizais teña algo que ver con iso a recente operación de tesourería por 530.000 euros, ou a formalización do crédito ICO por 347.000 euros E, por iso mesmo, compre engadir que o número de facturas entre o 2003 e o 2007, cando o actual grupo gobernante formaba parte do bipartito, é de 83. Pero entre 2008 e 2011 son 1870 as facturas pendentes de pago.. As cantidades son tamén merecentes de comparación: 256.000 euros no perido 2003 a 2007 (bipartito) e 1.524.000 euros no periodo de goberno do equipo do Bloque.

Tamén afirmou o alcalde que cando chegou á alcaldía había unha débeda bancaria de 3.000.000 de euros. Pero non di que as obrigas pendentes de pago pasaron de 4.400.000 euros en 2006 a 5.600.000 euros ao 31 de decembro de 2009.

Estamos pois ante unha primeira conclusión: o actual e o anterior equipo de goberno, que son o mesmo, son uns xestores demasiado alegres á hora de gastar á lixeira, que é tanto como mercar ao fiado, como dixemos en tantas ocasións.. Un exemplo: a 31 de decembro de 2008 as delegacións de Cultura e Deportes debían perto de 900.000 euros, ou a de Obras con 1.260.000 euros. ¿Incluiranse estes importes cando se fala da cantidade existente non hai moito tempo?

Como se sabe, o anterior goberno socialista arbitrou unhas medidas tendentes a minorar a débeda municipal cos proveedores, establecendo unha liña de crédito brando. O que agora dispón o actual goberno non é unha opción, senón unha obriga: hai que sacar todas as facturas do caixón e pagalas. Pero serán os gobernos municipais os encargados de facelo e á sua conta, a través dun crédito. Curiosamente, nesta ocasión non saiu a relucir nengunha crítica, a pesar da tan cacarexada defensa da autonomía municipal.

Exit mobile version