Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde Burela tratou coa responsable de Fomento do PXOM e o edificio de Capitanía Marítima

Nota de prensa

O ALCALDE XESTIONOU EN MADRID COA MINISTRA DE FOMENTO A TRAMITACIÓN DO PXOM. OS TEMAS CENTRALES ABORDADOS POR BARCIA E PASTOR FORON A AFECTACIÓN DA VARIANTE E O TRAZADO DO CORREDOR.

Burela, 9 de marzo de 2012. O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, reuniuse o pasado martes en Madrid coa Ministra de Fomento, Ana Pastor, para tratar diversos asuntos competencia dese departamento e que teñen que ver directamente co Concello burelés. Na reunión estivo presente o presidente provincial do PP, e portavoz no Senado, José Manuel Barreiro.

González Barcia, que valorou moi positivamente a entrevista, plantexoulle a Ana Pastor “a necesidade de que Burela conte cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), e a incidencia que sobre Burela, e polo tanto sobre o PXOM, teñen as competencias do Ministerio que ela dirixe”. A ministra e o alcalde falaron sobre a afectación da actual variante e a solución que plantexa o propio PXOM que foi aprobado inicialmente o pasado día un de marzo. O alcalde explicou que “a este respecto, e como continuación das conversas mantidas cos responsables de Estradas do Estado en Lugo e na Coruña, é probable que en próximas semanas me desprace de novo a Madrid para falar coa Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo, xunto con técnicos do equipo redactor, para ultimar detalles ó respecto”.

Así mesmo, Ana Pastor e González Barcia falaron sobre a inclusión no PXOM do trazado marcado na Declaración de Impacto Ambiental aprobada polo goberno de Rodríguez Zapatero para o corredor Barreiros-San Cibrao.

Na mesma reunión do pasado 6 de marzo, Ana Pastor e Barcia analizaron as obras do novo edificio de Capitanía Marítima, xestións que comenzou o propio alcalde de Burela a principios de 2006. José María González Barcia indicou que “a ministra comunicoume que hai pendente unha reunión entre o Ministerio, a construtora e a dirección de obra, por existir discrepancias de carácter técnico. Con todo, a ministra confía en que as obras poidan rematar canto antes, aínda que será moi difícil cumprir cos prazos previstos”. O alcalde afirmou que estaría encantado de que o novo edificio fose inaugurado pola propia Ana Pastor, á que convidou oficialmente a visitar Burela. Barcia lembrou que “Ana Pastor coñece esta vila porque estivo aquí máis dunha vez. Estivo aquí cando ocorreu o triste suceso do Siempre Casina, apoiando ás familias das persoas falecidas. Estou seguro de que poñerá o máximo interese en tentar solventar todas as cuestións que analizamos na xuntanza que mantivemos esta semana en Madrid”.

José María González Barcia manifestou que “esta reunión servirá para comezar unha época de diálogo estreito co Ministerio de Fomento”, e lembrou que “desde hai oito anos é a primeira vez que o alcalde de Burela se reúne oficialmente coa persoa que ostenta o Ministerio de Fomento”.

Exit mobile version