Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG celebrou en Burela unha palestra sobre “A Mariña en crise”

Nota de prensa:
HOXE CELÉBRASE, NA ANTIGA BIBLIOTECA DE BURELA, A MESA REDONDA “A MARIÑA EN CRISE”

Neste coloquio participan o Catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence; o membro da executiva da CIG-Saúde, Víctor Vila; e o Parlamentario Autonómico do BNG, Manuel Parga

Con esta iniciativa o BNG pretende achegar a problemática da situación económica aos veciños da comarca

A Mariña, 16 de marzo de 2012. O Bloque Nacionalista Galego organiza na xornada de hoxe un acto no salón de actos da antiga biblioteca de Burela, no que participan o Catedrático de Economía Aplicada da USC e coordinador do grupo de investigación ICEDE desta universidade e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos, Xavier Vence, que ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais; o membro da executiva da CIG-Saúde, Víctor Vila, e o Parlamentario Autonómico do BNG Manuel Parga. A mesa redonda que se desenvolve hoxe a partir das 20:00 h e que leva como título “A Mariña en crise” pretende achegar a problemática da situación económica aos veciños da comarca.

Con este exercicio de reflexión conxunta sobre o delicado da situación económica na zona preténdese poñer sobre a mesa a necesidade de que os mariñaos e as mariñás demos un paso adiante para que a solución da mesma garanta, cando menos o mantemento dos servizos públicos que hoxe se prestan, a recuperación do emprego, situando este obxectivo como prioridade central, e a posta en marcha por parte das administracións públicas, nomeadamente a autonómica, de políticas que amortiguen os efectos que a crise están a provocar na Comarca.

O portavoz comarcal do BNG, Antonio Veiga ten afirmado en numerosas ocasións o que está a sufrir a comarca con esta crise económica, poñendo casi sempre o exemplo de Burela, “o concello máis dinámico de todo Lugo en materia demográfica, o que indica a súa vitalidade económica, está a ser golpeado como ningún outro pola xestión da crise até o punto de que algunha das súas empresas máis emblemáticas se atopan en procesos de ERES de extinción ou de concursos de acredores. A realidade de “Gres Burela”, “Construcións MON” ou “Eccesa” agocha unha manchea de dramas demográficos, a empezar polos despedidos e continúa co efecto que isto está a ter no conxunto do sector terciario. Poren a pesar da contundencia da crise isto non tivo reflexo na actuación da Xunta de Galiza na posta en marcha de ningún Plano de Acompañamento Social que facilite a creación de emprego e que favoreza a reinserción laboral das persoas que perderon o seu emprego”.

O nacionalista mostrou a súa preocupación polo futuro do Hospital da Costa e da atención sanitaria na Mariña, “necesitamos feitos e non propaganda” indicou Veiga quen tachou de Pinocho a Feijoo pois “ninguén se cree os seus anuncios en relación coa ampliación do Hospital, posto que o que está a facer Feijoo é desguazar o Hospital da Costa tanto na redución de persoal especializado como na prestación de servizos até o punto de que o volume de mariñaos que están a ser derivados a Lugo ten aumentado nunha contía considerábel nos últimos tempos como mesmamente recoñecen os propios responsábeis do Sergas. Mesmamente isto tornase máis grave nos tempos presentes se temos en conta que a Xunta suprimiu a dieta de quiilometraxes para desprazamentos de algúns doentes no ámbito de Lugo o que significa outro retroceso nas políticas sanitarias públicas”.

Exit mobile version