Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo pide que como en anteriores ocasións o PP midifique a data do pleno que coincide co día da folga xeral

Nota de prensa

CERVO

Xoán Antón Estúa García, Concelleiro -Portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego na Corporación Municipal de Cervo, ao abeiro da lexislación vixente.

EXPÓN:

1º- Que de acordo co punto segundo do pleno extraordinario da Corporación de 30 de xuño de 2011 sobre a periodicidade das sesións ordinarias do pleno no que se acorda a súa celebración os últimos xoves hábiles dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro, segundo o cal correspondería a celebración de pleno ordinario o xoves 29 de marzo.

2º-Que a citada data coincide coa convocatoria dunha folga xeral convocada en Galiza e no conxunto do estado polos sindicatos para protestar pola reforma laboral aprobada polo goberno do estado mediante o Real Decreto Lei 30/2012 de 10 de febreiro.

3º-Que a corporación municipal de Cervo modificou no ano 2010 a data de convocatoria do pleno por coincidir con outra folga xeral polo que existen precedentes neste sentido.

4º- Que o BNG defende as motivacións desta convocatoria de folga por compartir coas centrais sindicais que atenta contra os dereitos da clase traballadora e recorta bruscamente a súa capacidade adquisitiva, sen servir ao obxectivo da creación de emprego.

5º- Que os traballadores e as traballadoras municipais teñen dereito a participar da folga xeral sen que a convocatoria dun pleno sexa obstáculo para participar deste dereito constitucional.

Polo exposto, SOLICITA:

Que se modifique a data da convocatoria do ordinaria do pleno para evitar a súa coincidencia coa folga xeral convocada para o 29 de marzo.

Exit mobile version