Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz acusa ao goberno do concello de non facer nada para reducir a débeda cos provedores

Nota de prensa:

O BNG DE FOZ ACUSA AO GOBERNO MUNICIPAL DO PP DE NON FACER NADA PARA REDUCIR A DÉBEDA DO CONCELLO A PROVEEDORES

“Tanto Rivera antes como Castiñeira agora son culpables de ter 1.233.365 euros de facturas sen pagar” afirma Basanta.

Foz, 21 de marzo de 2012.- Con motivo da presentación da lista de facturas impagadas do Concello de Foz, o BNG ten que manifestar publicamente que o Goberno Municipal do PP foi incapaz de rebaixar a débeda que o Concello ten con particulares e empresas nin de tomar medidas para sanear as contas públicas e reducir o déficit.

Para o BNG é grave que ao dia de hoxe o Concello de Foz acumulara unha dédeba a provedores no ano 2011 por un total de 1.233.365 €. Isto non é xustificable de ningunha maneira e as causas desta elevada cifra está máis na incapacidade e na falta de iniciativa política do alcalde e do grupo de goberno que de factores externos. Se ben é certo que parte destas facturas son anteriores e responsabilidade do anterior goberno socialista (450 facturas dun total de 1.620) a maioría son responsabilidade do actual goberno do PP.

Desta cifra (1.233.365 euros) están fóra de contabilidade máis de 400.000 euros. Isto quere dicir que unha parte importante dos gastos realizados están fóra do presuposto anual e non teñen partida orzamentaria o que a todas luces é ilegal. A maiores, o pago das facturas, antes e agora, non seguen a orde de prelación legal, é dicir, que non se trata a todo o mundo por igual, o que é moi grave tamén. O PP seguen sen presentar uns orzamentos adaptados á realidade do Concello e seguimos funcionando cuns orzamentos do ano 2008, cousa a todas luces extemporánea.

O BNG en numerosas ocasións lle esixiu ao goberno que levase a cabo o Plan de Saneamento aprobado polo Pleno no ano 2009 onde entre outras medidas estaba un plan de aforro enerxético ou o seguimento das obras contratadas para axustalas ao prezo inicial sen que o PSOE antes e o PP agora fíxense nada por cumprilo (pasándose o acordo plenario polo pito do sereno).

Exit mobile version