Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Lourenzá aporta unha iniciativa que poida aportar solucións reais a muller traballadora

Nota de prensa

Solucións reais para a muller

Dende o Bng presentaremos unha iniciativa que poida aportar solucións reais a muller traballadora, xa que de pouco serve que os políticos realicen cada ano con motivo do día da muller traballadora actos e homenaxes, si despois os feitos se quedan só en eso, e tristemente é o habitual.

Presentaremos unha moción para que o concello realice cursos de formación de fomento do cooperativismo nos sectores nos que traballan actualmente moitas mulleres no concello, no sector agrario e servicios sociais.

Son sectores nos que no noso concello empeñan a moitas mulleres, formándoas para que poidan asociarse e traballar en conxunto por medio de cooperativas conseguirase que melloren a súas condicións laborais e igualmente erradicar a precariedade laboral.

A realidade e que na actualidade no noso concello hai moitas mulleres moi traballadoras que a duras penas poden pagar o seguro pola rama agraria para no futuro poder optar a xubilación, coa formación e axuda oportuna para que poidan sacar o máximo rendemento e proveito o seu traballo podemos reducir de forma drástica a precariedade laboral na muller.

No noso programa electoral xa anunciábamos a creación dunha cooperativa do sector agrogandeiro, e outra de servizos socias, sector con moita demanda e que tamén emprega a un número elevado de mulleres, que en moitos casos traballan de forma moi precaria e mesmo sen seguro.

É moi importante tomarse este tema en serio, xa que ademais de contribuir a mellorar a situación laboral da muller, de reducir a precariedade laboral, tamén se contribúe a xerar riqueza no noso concello que finalmente é beneficio para todos.

Exit mobile version