Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Lourenzá esixe ao concello que a Xunta se implique no conflicto de San Lourenzo

Nota de prensa

O BNG DE LOURENZÁ ESIXE AO CONCELLO QUE A XUNTA SE IMPLIQUE NO CONFLICTO DE SAN LOURENZO

O engano do goberno de Lourenzá aos seus veciños, a recollida de sinaturas

O BNG cre que o concello non ten un euro para asumir o arranxo debido a súa elevada débeda

Lourenzá, 3 de marzo de 2012. O BNG anunciou logo de ser aprobada a súa moción no pleno celebrado o 24 de febreiro que presentará o próximo luns día 5 unha solicitude para que o concello inclúa a obra que puidera ser preciso realizar en San Lourenzo no programa do PEIM 2010 para Lourenzá ao entender que é un problema que deber de ser resolto canto antes, para así poder solucionar o problema do acceso aos montes de San Lourenzo (San Xurxo). Ao entender dos nacionalistas laurentinos a nefasta xestión levada a cabo polo concello e pola sociedade de xestión do Xacobeo é responsábel desta situación.
Unha recollida de sinaturas para enganar aos veciños.
O BNG de Lourenzá considera segundo o que puido falar con varios veciños afectados que o concello non actuou dun xeito limpo neste asunto dado que manipulou á veciñanza facéndolles crer que a recollida de sinaturas, recordemos previa ao arranxo do camiño, era para refacer a pista para o seu uso forestal, neste senso o portavoz nacionalista César Docampo dixo: “ o goberno de Lourenzá usa as sinaturas dos veciños como lle peta pois eran coñecedores das demandas veciñais moito antes de que o Xacobeo amañase a pista e non dixeron nada, consentiron sen máis, e agora so son capaces de reaccionar debido a presión do BNG apoiado polos veciños afectados, por estes motivos solicitamos que cada un asuma as súas responsabilidades e goberno de Lourenzá e Xunta de Galiza se poñan a traballar para emendar o seu erro”.
O goberno municipal é coñecedor de tódalas obras executadas dentro do territorio municipal, sabían o que ia facer e as consecuencias, e non corrixiron nada.
Os nacionalistas Laurentinos rexeitan a xustificación dada polo goberno municipal de que “non fixeran eles a obra”, ao tempo que lle recorda ao goberno local que o camiño forestal xa existía moito antes de que se creara a Sociedade de Xestión do Xacobeo, e coñecedores das necesidades dos veciños non fixeron nada para arranxar a situación en prazo prexudicando así aos veciños de San Lourenzo. O BNG de Lourenzá considera inconcibíbel o feito de que o concello non avisara aos veciños afectados para a reunión na pista en cuestión do día 2 e pola contra tivo que ser a formación nacionalista a que puxo sobre aviso aos veciños afectados para que acudiran á xuntanza.
O BNG sospeita que o concello non ten recursos económicos para arranxar o problema.
O BNG é escéptico de que o concello sexa capaz de asumir o custe económico da modificación ou apertura de novas pistas, pois como quedou de manifesto no último pleno a situación das arcas municipais é crítica e so no ano 2011 quedaron sen pagar facturas por valor de máis 414.318,91 € e houbo que solicitar un crédito ao ICO de 76.192,28 € para poder afrontar facturas sen pagar de exercicios anteriores, o concelleiro nacionalista César Docampo asegurou: “ dubido moito que o concello sexa capaz de asumir ningún custe en San Lourenzo, polo cal debería de ser a Xunta de Galiza a que afrontara ditos gastos ao ser corresponsabel de todo este enredo, a débeda xerada este ano é inasumíbel para un concello como o noso, e para nos resulta inexplicábel como aínda despois de xerar máis de 414.000€ de débeda e despois de reclamar continuos esforzos a cidadanía o señor alcalde reclama que o concello lle pague os trienios, que como funcionario lle corresponden e se embolsa 3689,79 € ademais do seu xa de por si xeneroso salario ”.

Exit mobile version