Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG di que unha vez máis o programa do PP de Trabada convertese en papel mollado

Nota de prensa

Unha vez mais o programa do PP de Trabada convertese en papel mollado

O BNG de Trabada ven de interesarse, no pasado Pleno Ordinario celebrado neste Concello, pola viabilidade que para o Sr. Alcalde, D. Xosé Manuel Yañez Ginzo, presenta a día de hoxe, e despois de coñecer que non aparece partida presupuestaria nos orzamentos da Xunta de Galiza para o 2012 coa que acometer a construcción das vivendas socias en Trabada, un dos proxectos estrela cos que o Partido Polular, dende fai varias lexislaturas, concorre as eleccións municipais e que formaba parte tamén do programa electoral dás eleccións do pasado mes de maio.

Ante a resposta do Sr. Alcalde á pregunta formulada pola Concelleira do BNG sobre o particular, Mª Xosé Fernández, Fernández; ésta amosase escéptico sobre a posibilidade de que a construcción desas vivendas acabe sendo unha realidade no marco da actual lexislatura, xa que, segundo a mesmo, “o Sr. Alcalde, lexos de clarificar cales son os recursos orzamentarios cos que en realidade pensa o Concello abordar a construcción das citadas vivendas, algo imprescindible para poder confiar en que ese proxecto algún día será algo máis que unha mera proposta electoral; limitouse a sinalar que confiaba en contar finalmente coa cantidade precisa para abordar esa construcción.”

No mesmo Pleno, a Concelleira nacionalista interesouse tamén por coñecer se dende o Concello había alguha iniciativa en marcha ou a intención de que iso fora asi, en relación co acondicionamento e mellora da Ponte do Fornacho, na parroquia da Ría de Abres, algo sobre o que tampouco conseguiu, ao seu xuízo, unha resposta satisfactoria, limitándose a sinalar o Alcalde que ese tema tería que ser tratado no eido dunha cume interautonomica.

En todo caso, co que sí se amosa compracido o BNG de Trabada é co feito de que algún dos rogos levados ao pleno municipal pola súa concelleira, en particular, o arranxo da estrada LU 132 o seu paso por Soenlle, sí fora ben acollido pola Corporación Municipal, e que se estean levando a cabo, que sen tempo non era, as medidas solicitadas polo seu grupo en anteriores Plenos municipais a este respecto. En troques di Maria Xose “lametar que non tivera a mesma acollida o rogo presentado polo seu grupo municipal relativo a reparación das pontes que levaran as riadas en Trabadela xa fan dous anos e e vergoñento que a dia de hoxe segamos sen elas. Ou tamen á mellora do servizo de recolllida de lixo nas parroquias do Concello, un rogo consistente na colocación de contentores de recollida de vidro e papel no eido do rural e ao inicio de labores periódicas de limpeza de todos os contentodores existentes”, máxime cando, segundo a mesma, a Corporación Municipal conta con persoal dabondo para poder levar a cabo esas labores de limpeza e cando o PP ven de aprobar unha suba moito máis que considerable na taxa por recollida de lixo á que terán que facer fronte os veciños/as do Concello. “O lóxico e esperable é -remata sinalando a mesma-, que tal suba impositiva teña o seu reflexo na mellora do servizo público en función do cal se aproba.”

Exit mobile version