Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG do Val do Ouro presentará nos concellos unha moción para pedir un referendo sobre a fusión de Alfoz e Valadouro

Nota de prensa

Moción para realizar unha consulta popular sobre a fusión dos concellos de Alfoz e O Valadouro.

Expón:

Que a corporación municipal do concello de Alfoz, por unanimidade, ten solicitado a Xunta de Galicia e a Diputación provincial de Lugo a realización dun estudo de viabilidade da fusión do concello de Alfoz co veciño concello de O Valadouro.
A fusión dos concellos é un tema de especial importancia para os intereses dos veciños do noso concello, e tal como se especifica na lei de administración local de Galicia, son temas que se poden someter a consulta popular.
Que igual de importante que o estudo, para a realización dunha futura fusión dos concellos do Val do Ouro, tamén é importante e de responsabilidade saber o que opinan os veciños que representamos.

Acordo:

Someter a consulta popular o asunto da fusión dos concellos de Alfoz e O Valadouro.

Exit mobile version