Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pregunta sobre as repercusións do Plan Impulsa Lugo na Mariña

Manuel Parga pregunta sobre as repercusións do Plan Impulsa Lugo na Mariña

En setembro do ano 2009 o goberno aprobou o programa Impulsa Lugo para a promoción de investimentos produtivos, creación de emprego e fomento das iniciativas emprendedoras. Posteriormente, en marzo do ano 2011, presentou o Plano Estratéxico do programa Impulsa Lugo.

Pasados o tempo os datos relativos ao desemprego na Mariña son moi negativos, o paro rexistrado incrementouse dende xuño de 2009 ata febreiro do 2012 un 48,48%.

Compre que os cidadáns da Mariña saiban se este plan é só propaganda ou hai algo de realidade e para iso é necesario que o goberno informe e responda a moitas interrogantes:

1º Que accións de promoción para a atracción de investimentos se realizaron na Mariña de Lugo?

2º A canto ascenden as axudas do IGAPE e doutros organismos dependentes da Xunta de Galiza concedidas a empresas para desenvolver investimentos na Mariña de Lugo?

3º. A que proxectos se destinaron estas axudas?

4º A canto ascenden os investimentos captados na comarca como consecuencia do Plano Impulsa Lugo?

5º Que proxectos ou actuacións se están desenvolvendo na Mariña de Lugo ao amparo deste Plano?

6º Que zonas están reservadas para solo industrial a prezos máis baratos na Mariña de Lugo ao amparo deste Plano?

7º En que medida contribuíron estes investimentos e actuacións a reducir o desemprego na zona?

Á vista da situación da comarca o GP do BNG non pode valorar positivamente as actuacións do goberno do PP e esixe á Xunta que actúe e non asista pasivamente ao desmantelamento económico e social da Mariña lucense

Remitido

Exit mobile version