Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG reivindica futuro para A Mariña

Nota de prensa

Futuro para A Mariña.

É tempo de resposta porque non podemos consentir que día a día se destrua emprego na nosa comarca, porque non é tolerábel a perda de poder adquisitivo e de dereitos laborais dos traballadores en activo, porque non é de recibo un nível de desemprego que se achega ao 18% da poboación activa, porque non podemos ficar parados diante do desmantelamento dos servizos publicos, en definitiva porque queremos seguir a vivir e traballar nestas terras que desde o Cantabrico Galego se achegan até as cordas do Xistral e de Meira.

Os últimos tres anos A Mariña está a ser victima dunhas políticas que provocaron a desaparición de centros de traballo emblemáticos como ECAR en Mondoñedo, Eccesa ou Macesa en Burela, Eres de extinción de emprego en Mobeis Hermida de Lourenzá, ou nas auxiliares de ALCOA, a empezar por industrias Xove e a continuar nas próximas semanas en Reymogasa ou o feche definitivo de multiples pequenos negocios até o punto de que neste periodo a poboación incluida no Rexime Especial de Autónomos descendeu en preto do 10%. Ao mesmo tempo asistimos a un descenso da oferta educativa con especial incidencia nos ciclos (Hostelería en Foz ou Electrecidade en Burela), a unha redución da prestación social en axuda a domicilio( até un 80% nalgúns casos) e na paralización da case totalidade dos proxectos previstos en materia de benestar social (Residencia de Foz ou o Centro de Día de Celeiro) e ao inicio do desmantelamento do Hospital da Costa como centro hospitalario de referencia e a súa progresiva conversión nun ambulatorio dependendente do Hula Lugués ou nun centro que se limita a derivar pacientes a educación privada.

E tempo de actuar porque acreditamos nas potencialidades eonómicas da Mariña, porque pensamos que os nosos conveciños e conveciñas merecen uns servizos a altura dos tempos, porque sabemos que posíbel crear emprego co estimulo ao investimento público para que opere sobre a oferte agregada, porque consideramos que partindo das nosas fortalezas no sector primario, agro e pesca, e no secundario, Alcoa, é posíbel crear emprego fechando os ciclos productivos, na industria de transformación, en definita porque sabemos que coa implicación activa do conxunto dos mariñaos e mariñás é posibel un cambio de volta que sitúe A Mariña outra vez como unha comarca punteira no panorama galego e estatal.
Os as persoas que promovemos este manifesto sabemos que A Mariña ten futuro partindo do que son as súas forzas, cun complexo forestal vizoso ao que simplemente temos que abrirlle novas perspectivas de mercado cunha mellora na loxistica a empezar pola infraestrutura portuaria, cun sector primario ao que debemos permitir competir en igualdade de dereitos co doutros territorios e desenvolvendo un sector de transformación ligado ao mesmo, cunha aposta polos servizos públicos, nomeadamente no potenciamento do Hospital da Costa tanto en medios como no catalogo de servizos así como na aposta pola atención primaria mediante a posta en marcha do “Plano Mellora”, coa posta en marcha das dotacións previstas no ambito do benestar, tanto no plano dos centros para maiores como na escolas infantis, para achegarse as ratios existentes en Europa, co apoio a políticas que contribuan a coesio territorial no espazo mariñao e que remate co proceso de diverxencia entra a area interior e costeira do seu territorio que pon en risco a exitencia de centos de núcleos en toda a comarca e a desertización do rural, e por suposto cunha aposta pola diversificación industrial, que partindo da fortaleza que significa o complexo alumineiro, estableza vías para o asentamento de novos centros de traballo.
Os homes e mulleres que hoxe representamos aquí ao Bloque Nacionalista Galego, os seus Concelleiros, os seus Alcaldes, os seus representantes nas institucións de caracter supramunicipal, os seus cargos orgánicos, queremos deixar patente aquí o noso compromiso co futuro da Mariña, un futuro que temos construir entre todos e todas, un futuro que é posíbel lograr coa participación de todos e todas, polo que facemos un chamamento ao conxunto da sociedade mariñá, a actuar a favor da Mariña.

Exit mobile version