Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS Pescados Rubén conseguiu desbaratar (4-1) a implacabilidade do líder Oxipharma Granada


Nota de prensa

O CADRO LARANXA TOMBA A IMPLACABILIDADE DO OXIPHARMA (4-1)

Vista Alegre durmirá hoxe co soño apracible de tres valiosos puntos. E é que o cadro laranxa conseguiu desbaratar as quinielas tombando a implacabilidade do líder, Oxipharma Granada, cun xogo serio, rigoroso e efectivo (4-1), ao tradicional estilo burelista. O aliciente era poderoso e moveu montañas; xa o anunciaba Víctor López na previa.

O Burela FS Pescados Rubén tiña as cousas claras, ía a polo partido, e manifestouno dende o momento inicial. A primeira diana chegou nas zapatillas dun activo e acertado Clebinho, no minuto 4. As tentativas mariñás intensificáronse ante a forte defensa granadina. Un dobre lanzamento de Christian, no 7, e un roubo de Víctor López con picada ante Edu, no 8, serviron de antesala para a celebración do 2-0, un minuto antes de cumprirse o ecuador da primeira parte: Purao, soberbio, subiu a vantaxe no electrónico a pase de André, outro dos grandes loitadores do encontro. Aínda coa ledicia na bancada, Paulinho, de galopada, puido reducir as distancias na primeira ocasión clara do Oxipharma (2-1). Víctor López tivo nos seus pés o 3-1, a catro minutos para o descanso, aínda que desafortunadamente petou no pau.

Con Brais baixo os paus, que reapareceu pouco antes do descanso, o segundo período comezou con máis intensidade, se cabe, por ambas as escuadras. O Mariskal, Juanma, xa avisou ao ex-laranxa Edu aos 2 minutos do reinicio cun lanzamento exterior e, no 24, sen dúbida, subiu o 3-1. Os burelistas tiveron que adaptar o xogo a unha presión realmente asfixiante, que tentaba aproveitar os erros laranxas; no último cuarto, as oportunas intervencións de Brais e a correcta defensa frearon o Granada, que recorreu ao porteiro-xogador, no 35, sen éxito. A falta de pouco máis dun minuto, Juanma sentenciou o resultado a porta baleira (4-1).

Partido pertencente á 23ª xornada da tempada 2011/2012.
CD Burela FS Pescados Rubén
8 Vitorias | 6 Empates | 9 Derrotas
Puntos acumulados: 30 4
Oxipharma FS
16 Vitorias | 3 Empates | 4 Derrotas
Puntos acumulados: 51 1
Cancha de xogo: Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data: Sábado, 17 de Marzo de 2012
Alineacións
CD Burela FS Pescados Rubén
5
Anderson de Almeida Gomes
Purao
7
Carlos Henrique Ribeiro
Ique
8
Juan Manuel Marrube Rodríguez
Juanma
11
Christian Palmeiro Chao
Christian
13
Iago Barro Sánchez
Iago Barro
1
Brais García Pedre
Brais
3
André Luiz Nogueira Fernandes
André
14
Víctor López Real
Víctor
18
Rubén García Freije
Turero
20
Cleber Rafael Barbosa
Clebinho
23
Iago Míguez Expósito
Iago Míguez

Oxipharma FS
1
Eduardo Saavedra Cebreiro
Edu
4
Eugenio Moratilla Cascajero
Uge
6
Juan Jesús Pardo
Juanje
8
Pablo Osuna
Pablo
12
Juan Puertas
Juan Puertas
5
Felipe Yagüe Hernández
Pipe
10
Rafael Martínez Osorio
Rafita
13
Paulo Henrique Roxo
Paulinho
20
Francisco Javier Casquilla Villardeo
Francisco

O partido minuto a minuto
Gol 1 – 0 Min. 4 | Clebinho

Gol 2 – 0 Min. 9 | Purao

Gol 2 – 1 Min. 9 | Paulinho

Tarxeta amarela Min. 16 | Juan Puertas

Gol 3 – 1 Min. 25 | Juanma

Tarxeta amarela Min. 32 | Paulinho

Tarxeta amarela Min. 35 | Iago Barro

Gol 4 – 1 Min. 38 | Juanma

Exit mobile version