Site icon Crónica3.com A Mariña

O Comité de Centros denuncia a xestión nefasta da Xerencia de Atención Primaria de Lugo

Nota de prensa

O Comité de Centros da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, formado polas seguintes organización sindicais SAE, UGT, CCOO, CIG-Saúde CSIF, CESM-Omega e SATSE, unha vez máis quere informar e denunciar mediante o presente comunicado a xestión nefasta da Xerencia de Atención Primaria en canto á substitución dos profesionais de tódalas categorías, e denunciar un abuso do bloqueo de axendas que provocan listas de espera co correspondente agravio aos dos usuarios e que provoca un deterioro progresivo e alarmante da nosa Sanidade Pública

Tamén queremos manifestar sen ningunha dúbida o noso máis amplo rexeitamento ao cobro pola expedición da tarxeta sanitaria no caso de perda, roubo ou deterioro. O deterioro da tarxeta prodúcese en grande medida polo uso da mesma, consideramos que é completamente inxusto que a persoa que sufra unha enfermidade ao ter que utilizar a súa tarxeta máis que unha perosa sana, acabe penalizado económicamente co pagamento pola expedición dunha nova tarxeta. Dende este órgano de representación do persoal rexeitamos estas fórmulas de repago no eido da sanidade.

A maiores, manifestámonos en contra do sistema IVR (recoñecemento de voz telefónica) que foi implantando recentemente nos centros de saúde. Iste sistema está sendo acollido con gran tibieza entre a poboación, xa que a a maioría dos usuarios colga o teléfono ao saltar o IVR. Resulta curioso que nunha Administración, que ten por buque insignia a austeridade, se dediquen recursos económicos a implantar sistemas, na nosa opinión de dudosa efectividade. Recoméndamoslle a Xerencia de Atención Primara de Lugo que trate con eficiencia os presupostos dos que dispón, os cales deberían ser usados en incrementar a calidade dos servizos prestados a cidadanía e non en experimentos que dan cobertura a procesos que xa están amplamente cubertos, xa que ata agora para acceder a cita dos centros convivían xa 3 sistemas, os profesionais, internet e a central de chamandas, a o noso entender non é necesario gastar os cartos dos contribuíntes en incrementar outro sistema para dar citas.

Exit mobile version