Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo pide que se faga un consumo responsable da auga

Nota de prensa

HORACIO CUPEIRO PÍDELLES AOS VECIÑOS E VECIÑAS DE RIBADEO QUE FAGAN UN CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA. O CONCELLO SEGUE A REPARTIR REDUTORES DE PRESIÓN E PERLIZADORES. HOXE, 22 DE MARZO, CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DA AUGA.

Ribadeo, 22 de marzo de 2012. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pídelles aos veciños e veciñas de Ribadeo . Neste 22 de marzo, día mundial da auga, o Concello segue a repartir redutores de presión e perlizadores para que todos gastemos menos auga.

O edil nacionalista lembrou que “desde 1992 celébrase o día mundial da auga para difundir e concienciar da súa importancia. Cada día somos máis poboación e hai maior consumo. Desde o Concello de Ribadeo xa levamos anos tentando concienciar aos nosos veciños e veciñas no consumo racional da auga como ben escaso que sabemos que é”.

Cupeiro sinalou que “a día de hoxe aínda contamos con redutores de presión e perlizadores para consumir menos auga. Con só achegarse ao Concello coa última factura de Aquagest darémoslle un de cada. Tamén contamos con funís para meter o aceite nas botellas co ánimo de que eses restos non vaian á rede de saneamento contaminando a auga que logo volverá tratarse na depuradora”.

O concelleiro de Medio Ambiente manifestou que “desde o Concello animamos a facer un uso responsable da auga e para elo podemos facer varias cousas como reducir o volumen das cisternas, non deixar as billas abertas mentras estamos a fregar, debemos controlar o tempo que pasamos na ducha, algo ao que nos axudarán redutores e perlizadores. Tamén debemos controlar o rego e as posibles fugas”.

Horacio Cupeiro asegurou que “o Concello e todos ribadenses estamos comprometidos a través deste sistema de xestión ambiental denominado EMAS, no que voluntariamente decidimos integrarnos, a que imos facer un menor consumo de auga. Xa que celebramos este día mundial da auga e que sabemos que hai moita xente que nin siquiera a ten para beber desde o Concello pedirmos que todos fagamos un uso responsable da auga”.

Exit mobile version