Nota e prensa
Fernández Manín sinalou que tamén se arranxou o pozo de bombeo situado nas Polas en Nois, do que se extraeron preto de 15 Tm. de area. Este foi feito por administración con persoal do concello e do que o goberno anterior que dirixía o Sr Rivera coñecía as súas deficiencias, polo que non o puxeron a funcionar; igualmente ocorre co traída de auga da Ermida ( San Martiño) que foi feita da mesma forma e incluída no POS do ano 2007. Obra que se rematou no ano 2010, e o deposito xa ten fugas e non conten a auga. O goberno que dirixe Javier Jorge Castiñeira xa solicitou a Gestagua informe do estado do mesmo e presuposto para picando do formigón e aplicación novamente de mortero hidrófugo e impermeabilizándoo de novo para pode dar servizo aos veciños da zona novamente..
Esta mesma concellería solicitou por escrito ao Sr. Alcalde que despois dos informes pertinentes se proceda o aumento do limite de peso na estrada que da servizo ao barrio de Vilasindre en Cangas de 8 T a 15 T, para así non estar infrinxindo por parte do Concello este limite ao recoller o lixo do citado barrio .
Por outra banda Fernández Manín mostrou a súa congratulación pola preocupación que mostra o PSOE de Foz sobre o estado da estrada Bispo Santo a canteira, si ben estes baches non son de agora nin a primeira vez que está así, de todas formas anuncia que neste mesmo mes espera que sexa adxudicado o seo arranxo pola SPI.