Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz recorda que o día 31 remata o prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Rede Galiña Azul

Escola Infantil de Alfoz

O próximo sábado, 31 de marzo, péchase o prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Rede Galiña Azul, 118 do Consorcio e outras 24 xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar. O Diario Oficial de Galicia núm. 42, do 29 de febreiro de 2012, publicou os requisitos e procedementos para solicitar as prazas.

Segundo a información que facilitou o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para o curso escolar 2012/2013, poñerase en funcionamento a nova Escola Infantil de Alfoz, integrada na Rede de Escolas Infantís de Galicia “A Galiña Azul”.
Para máis información poderán dirixirse á Casa do Concello de Alfoz en horario de 8:00 a 15:00 horas ou no teléfono 982.55.85.81, de luns a venres ou o sábado de 10:00 a 13:00 horas.
Os requisitos para ser adxudicatario son:
* Que a crianza estea nada no momento da presentación da solicitude.
* Que teña unha idade mínima de tres meses no momento do ingreso.
* Que non teña cumpridos os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2012.
Terán prioridade na adxudicación de prazas aqueles nenos e nenas empadroados/as no concello de Alfoz xunto con polo menos un dos proxenitores
Remitido

Exit mobile version