Nota de prensa:
GONZALEZ BARCIA CONSIDERA QUE AGORA SE COMEZA A DEFINIR A BURELA DOS VINDEIROS 30 ANOS, TRAS A APROBACIÓN INICIAL DO PXOM. DESPOIS DA SÚA PUBLICACIÓN NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA ABRIRÁSE UN PERÍODO DE DOUS MESES DE EXPOSICIÓN PÚBLICA PARA QUE OS CIDADÁNS PRESENTEN AS ALEGACIÓNS QUE CONSIDEREN OPORTUNAS.
Burela, 2 de marzo de 2012. O alcalde, José María González Barcia, considera que agora se comeza a definir a Burela do futuro, a Burela dos vindeiros 30 anos, tras a aprobación inicial do PXOM que tivo lugar no pleno celebrado onte. Barcia destacou o traballo realizado nos últimos meses e rexeitou a actitude adoptada polos partidos da oposición. Agora tras a súa publiciación no Diario Oficial de Galicia abriráse un período de dous meses de exposición pública para que os cidadáns presenten as alegacións que consideren oportunas.
O rexedor dixo que o documento elaborado polo equipo de goberno “mellora substancialmente o que nos atopamos cando chegamos ao Concello” e destacou os motivos “nós intentamos rebaixar a afectación da actual variante de 100 a 25 metros. Me parece bastante pobre e despectiva a argumentación realizada polo portavoz do PSOE hacia a posible recuperación dunha superficie de terreo que ten nada máis e nada menos que catro kilómetros de largo por 75 metros de ancho. Si eso é unha cousiña así, como dixo onte o portavoz socialista no pleno, que llo explique él aos veciños”. González Barcia lembrou que “ese expedente iniciámolo nós no 2004, e me refiro á reducción da afectación da actual variante, e aí quedou cando nós deixamos o Concello en maio de 2007 e durante catro anos non fixeron absolutamente nada”.
Solo dotacional
O alcalde de Burela asegurou que “o equipo de goberno no documento do PXOM incrementou nun 60% a superficie de solo dotacional porque Burela precisa de solo para acoller novos e máis servizos. Si a Burela se lle propón a construcción dun novo colexio, senón temos solo dotacional a ver onde o poñemos. Si a Burela lle plantexan a ampliación do hospital a ver onde o poñemos. Si a Burela dentro duns meses lle propoñen a construcción dun centro social, senón temos solo dotacional a ver onde poñemos. Eso parece ser que non é entendible por parte dos grupos da oposición porque pensan que hai demasiado solo dotacional e eu creo que nunca é suficiente, porque sempre hai que ter solo para equipamentos”.
González Barcia indicou que “nós marcamos unha ubicación para a construcción dunha futura EDAR, e esto non é do agrado nin do Grupo Mixto nin do Partido Socialista porque nós plantexamos unha ubicación que é a menos daniña para os intereses dos cidadáns de Burela, xa que evitaría bombeos e polo tanto evitaría tamén ter que pagar incrementos nos recibos do canon de saneamento e porque eles, os grupos da oposición, non tiñan ningunha proposta para ubicar unha nova EDAR”. Ao rexedor fíxolle moita gracia o portavoz do PSOE “cando dixo que él tiña un estudio sobre esta cuestión, no Concello non está, ou o levou para a casa ou o ten él na súa cabeza, pero no Concello de Burela non está”.
Corredor Barreiros-San Ciprián
O alcalde de Burela referíuse tamén á autovía Barreiros-San Ciprián, “que nos veñan dicindo a estas alturas que o PP clarifique o seu posicionamento sobre este vial non deixa de ser un sarcasmo. Hai un informe vinculante, é dicir de obrigatorio cumprimento, do Ministerio de Fomento do señor Blanco, do PSOE, que chegou ao Concello en novembro de 2010 e dito informe pon que no PXOM haberá que facer constar o trazado proposta por Fomento para este corredor”. Para José María González Barcia “non convén olvidar que o señor Blanco, ministro de Fomento, antes de deixar o goberno firmou unha resolución de aprobación da declaración de impacto ambiental do corredor Barreiros-San Ciprián na que consta como o escollido por Fomento o trazado que nós consideramos que perxudica a Burela”. E engadiu que “nós entendemos que o trazado perxudica a Burela, pero si queremos sacar o PXOM adiante o que sí é certo é que temos que facerlle caso ao informe de Fomento e a partires de aí xa é outro cantar. Todas estas cuestións para o PSOE e para o Grupo Mixto non eran relevantes, e dicir a estas alturas como dixo a representante do Grupo Mixto que os veciños terán que pagar por compensación, que explique cómo se fan noutros sitios as urbanizacións que se fan. Segundo ela os veciños non deben pagar, entón eses solares quedarían sen poder edificar, pero si esa é a súa alternativa será bó que llo expliquen eles os veciños”.
González Barcia subliñou que “agora ábrese un período de exposición pública de dous meses a partires da publicación do PXOM no Diario Oficial de Galicia. Os veciños terán oportunidade de consultar o documento e de formular as alegacións que consideren oportunas. Eu dixen onte no pleno que moitas aportacións serán interesantes porque axudarán a enriquecer o documento que aprobamos inicialmente”. O alcalde dixo ser consciente de que “nos queda un longo camiño, hai que atender as alegacións, hai que agardar polos informes sectoriais que nos remitan as diferentes administracións e despois se procederá á aprobación provisional. Onte foi un día esperanzador porque si se remata unha época de traballo intenso e exhaustivo a partires de agora empezamos a ver a luz. Burela necesita urxentemente dun documento coma éste, porque senón non podemos loitar polo futuro. Imos pelexar duro para que Burela conte cun documento que significará moito para o futuro do noso concello”.