Site icon Crónica3.com A Mariña

O debuxante Brais Rodríguez clausurou cunha charla os Encontros de Banda Deseñada do IES Perdouro de Burela

CLAUSURA DOS IV ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA
O pasado mércores tivo lugar no IES Perdouro a clausura dos IV Encontros de Banda
Deseñada na Mariña.
No acto estiveron presentes, á parte dos premiados e premiadas, a Concelleira de Cultura de
Burela (Da. Mónica Pedre), o Director do IES Perdouro (D. Juan Sama) e o debuxante Brais
Rodríguez que clausurou os Encontros cunha amena charla na que nos trasladou a súa traxectoria
artística dende os comezos á actualidade a través das súas viñetas.
Lembramos que os premiados e as premiadas nesta ocasión foron:
CATEGORIAABERTA
1º Premio: “A ponte do bispo” de Aurélie Pello e Miguel Ángel Rubio Bajo, de Burela
2º Premio : “Benvido” de Laura Rodríguez Domínguez, de Ribadeo
CATEGORIA ESCOLAR ATA 18 ANOS
1º Premio: “Knockin’on heaven’s door” de Cristian Fojón Caruncho, de Ortigueira
2º Premio: “Unha viaxe de ida e volta” de Adríán Ramallal Freire e José Ángel Bermúdez García,
de Mondoñedo
CATEGORIA ESCOLAR ATA 14 ANOS
1º Premio: “O segredo do mar” de Amanda López López de Cervo
2º Premio: “Un traballo moi duro” de Inés Pardo Parra de Burela

Remitido

Exit mobile version