Site icon Crónica3.com A Mariña

O ex alcalde socialista de Foz desminte as acusacións, de derroche e de deixar arruinado Concello, vertidas polo actual alcalde

Nota de prensa

O Portavoz Municipal Socialista e ex-alcalde de Foz José María García Rivera ofreceu unha rolda de prensa este sábado para informar aos medios e con datos na man, da falsidade das acusacións de derroche e de deixar arruinado Concello de Foz, vertidas nos medios día si e día tamén, polo actual alcalde de Foz Javier Jorge Castiñeira dende que tomou posesión do Goberno en Foz. Estivo acompañado por membros do equipo de Goberno Socialista da anterior lexislatura, polo Grupo Municipal Socialista actual e pola Executiva Local.

Demostrase coa presentación do listado de facturas pendentes, que durante os mandatos socialistas con Pepe Rivera ao fronte os provedores si cobraban; e por suposto o grupo municipal socialista quere que esto siga sendo unha realidade, polo que esixe ao actual Alcalde unha desculpa por todas as falacias vertidas nunha campaña orquestada polo PP de Foz, de desprestixio contra a xestión dos gobernos que presidiu e contra a súa persoa, sen importarlles a alarma social que se podía xerar entre os comerciantes, empresarios e veciños do concello dicindo que non se podía facer nada, que estaba todo arruinado, que non se podía nin pagar a luz, por poñer un exemplo.

Tras ser presentada a listaxe de facturación pendente de aboar pódese comprobar que das 1600 facturas que o compoñen tan solo 450 pertencen a xestión do Goberno Socialista, mentres que 1170 son da xestión do Goberno do PP nos últimos dez meses.

Compre dicir tamén que o Goberno popular do Sr Castiñeira ten en facturación fora de contabilidade mais de 400.000 euros, esto quere dicir que gastou en tan solo dez meses 400.000 euros mais do presupostado para o ano 2011.

No listado de facturas tamén se revela que de anos anteriores a 2011 tan solo existen 26 facturas sen abonar.

Cando o Goberno socialista deixou a alcaldía no mes de maio tan solo estaba executado ou gastado o 36’80 % do presuposto do ano e quedando sen executar o restante 73’20%, quedaban nos bancos a cantidade de case seiscentos mil euros e así se fixo constar nun informe de tesourería, amén de que tódolos impostos do ano estaban sen cobrar, polo que o actual alcalde tampouco se pode escusar en que non se lle deixaron cartos.

Outro bombazo informativo ao comezo da lexislatura foi a denuncia por parte do Sr Castñeira, da existencia de facturación oculta, cousa que a vista desta lista queda probado que é falsa, de feito xa nun pleno municipal o propio Interventor do Concello dixo non ter constancia de que existise ningunha factura oculta ou fora de contabilidade polo anterior equipo de Goberno Socialista.

A débeda do Concello de Foz, un millón douscentos mil euros é mais baixa que a de outros concellos do redor de similares características ou incluso mais pequenos, Barreiros mais de dous millóns de euros e catro mil habitantes, os mesmos que Mondoñedo e case un millón e medio de débeda, Ribadeo un millón setecentos mil euros, Burela un millón trescentos, Viveiro mais de sete millóns.

Os socialistas tamén presentamos unha queixa por de falta de datos, xa que non recibimos ningún informe económico, tal como é preceptivo, por parte do Concello nos pasados dous trimestres e tampouco se nos presentou xunto con este listado de facturas pendentes un informe de cantos cartos hai nos bancos a fecha de hoxe.

O Alcalde de Foz manifestou en xuntanza cos portavoces da oposición que a súa intención é solicitar un crédito dos que ofrece o Goberno Central para pagar as facturas pendentes, a postura do partido socialista neste tema, vai ser estudiada e analizada xunto cos outros grupos da oposición, pois aínda que consideramos que o primordial é que as empresas e comercios cobren a maior brevidade posible as débedas que ten a administración con eles, non se pode pedir tan alegremente un crédito pola totalidade da débeda co se poñería en xogo a estabilidade financeira do Concello; hai que buscar formulas alternativas a un crédito de esta cuantía. Unha vez coñecido o saldo das contas bancarias, e no caso de ser positivo, efectuar pagos para baixar o número de facturas pendentes de pago; e por suposto tamén hai que contar con que os impostos do ano en curso están sen cobrar.

Os socialistas somos críticos cos intereses que se van a ter que pagar por este tipo de créditos que ofrecen os bancos e consideramos que si o banco central europeo presta ao 1% é bastante abusivo que se presten despois aos Concellos ao 5%.

Existe tamén outra formula, que sería que o Goberno Central vaia descontando da asignación dos Concellos parte da débeda dos mesmos, proposta que nos presentou a regañadentes o rexedor municipal.

Tras todo o exposto os socialistas esiximos ao actual equipo de Goberno e o Alcalde Sr Castiñeira, que rectifiquen e presenten unha desculpa aos veciños e veciñas de Foz aos empresarios e comerciantes pola desconfianza que levan xerado dende que están no Goberno, co único fin de desprestixiar ao Partido Socialista e ao anterior rexedor Pepe Rivera, sen importarlles o dano que esas falsas acusacións podían facer a terceiros.

Aconsellámoslles, Sres do PP, que se dediquen a traballar polo noso Concello, que en vez de desconfianza xeren confianza entre a poboación e os provedores, pois así será mais fácil entre todos dar un impulso ao noso pobo, que se volva a xerar esperanza e se abandone a senda xa case insostible de orfandade e pesimismo que se esta instalando na maior parte dos nosos veciños e veciñas. Déixense de manipulacións da realidade que non conducen a ningún lado e comecen a traballar.

Exit mobile version