Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Burela indica que fixo un traballo serio e riguroso para reducir a débeda a proveedores

Nota de prensa

O GOBERNO MUNICIPAL DE BURELA INDICA QUE FIXO UN TRABALLO SERIO E RIGUROSO PARA REDUCIR A DÉBEDA A PROVEEDORES, QUE CANDO O PP CHEGOU AO CONCELLO ASCENDÍA CASI A 2 MILLÓNS DE EUROS. OS POPULARES CONSIDERAN QUE O GRUPO MIXTO E O PSOE CARECEN DE DISCURSO E DE PROPOSTAS EN BURELA.

Burela, 24 de marzo de 2012. O goberno municipal de Burela indica que fixo un traballo serio e riguroso para reducir a débeda a proveedores, que cando o PP chegou ao Concello hai dez meses era de casi 2 millóns de euros. Neste momento a débeda recoñecida e enviada ao Ministerio de Hacienda ascende a 1.320.000 euros. Os populares consideran que a representante do Grupo Mixto non é quen de darlle leccións de aforro a ninguén.

Desde o Grupo Municipal do PP aseguran que “non admitimos nin suxerencias nin críticas sobre cuestións de aforro e de control do gasto por parte de persoas que nun ano se gastaron 350.000 euros no capítulo de gastos diversos sin ningún tipo de control. A portavoz do Grupo Mixto debería aforrar as críticas cando nunca explicou porque retirara as axudas dos 40 euros de comezo de curso. O equipo de goberno o que fixo foi explicarlle aos pais dos alumnos das escolas deportivas por qué non podía facer frente de momento ás axudas que lles estaban a dar. A actual portavoz do Grupo Mixto nunca deu ningunha explicación de por qué retirara as axudas as asociacións culturais, en cambio o actual equipo de goberno deu a coñecer os motivos que non son outros que a falta de cartos”.

O goberno municipal sinala que “seguramente que a señora Cando debe ter problemas graves de conciencia porque ela foi unha das directas culpables de que o Concello de Burela inflase os seus presupostos en 800.000 euros durante o ano 2011. Queremos recordar que cando chegamos ao goberno do Concello de Burela había casi 2 millóns de euros sin pagar e a estas alturas a deuda recoñecida e remitida ao Ministerio de Hacienda é de 1.320.000 euros, o que demostra que fixemos un esforzo moi serio e moi riguroso para rebaixar esa débeda a proveedores”.

Aos populares as críticas vertidas nas últimas horas polo PSOE resultan patéticas. Desde o equipo de goberno din que “un grupo político con cinco concelleiros que a estas alturas ande con pataletas infantís dicindo que eles fixeron esto ou aquelo en materia de medio ambiente resulta patético. Nós non temos ningún problema en recoñecer o que se fixo desde o bipartito en materia medio ambiental, só houbo uhna cousa nova que foi a recollida de aceite, pero negar que as bandeiras verdes se empezaron a conseguir en Burela no ano 1998 cun goberno municipal do PP é negar a historia e a realidade. Negar ou poñer en dúbida a consecución desde 1995 a 2007 as bandeiras azuis para o barco museo e para Gaia é negar a realidade”. Para o goberno municipal burelés “o lamentable de todo isto é que tanto o Grupo Mixto como o PSOE non teñen ningún discurso, como demostra que ao longo destes casi dez meses de mandato municipal o seu traballo dentro do Concello sexa igual a cero. Proba delo son as escasas ou nulas iniciativas presentadas e esa asuencia por exemplo no próximo pleno do día 29, que seguramente será para evitar poñerse colorados diante dos números que agora teremos que pagar entre todos os cidadáns deste concello”.

Exit mobile version