
O próximo sábado día 17 de Marzo, o Grupo de Sendeirismo da ACD.Xove, presentará o Programa de Rutas de Sendeirismo-2012. A presentación farase na Aula de Formación do Concello de Xove as 20:30h.(enfrente o Residencia San Bartolo). Na presentación entregarase un calendario de rutas a cada asistente, comentaranse as rutas a realizar e proxectarase un vídeo-presentación. A esta presentación están convidadas todalas persoas interesadas no sendeirismo.