O luns 19 de marzo terá lugar na Biblioteca do IES Perdouro un acto conmemorativo da Constitución de 1812 “De vasalos a cidadáns”. Representantes da Corporación Municipal do Concello de Burela participarán nunha charla-coloquio co alumnado de 4º de ESO, estando o acto enmarcado dentro das actividades conmemorativas do Bicentenario da “Pepa”, coordinadas polo departamento de Xeografía e Historia.