Site icon Crónica3.com A Mariña

O Náutico de Ribadeo anuncia que remtaron as obras se separación do acceso aos pantaláns

Nota de prensa

REMATARON AS OBRAS DE SEPARACIÓN DA MARINA SECA DO ACCESO AOS PANTALÁNS DO PORTO DEPORTIVO. HOXE ENTRA EN FUNCIONAMENTO A PASARELA, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR MARIO COTO. A DIRECTIVA DO CNR ENVIOU CARTAS AOS SEUS SOCIOS EXPLICÁNDOLLES TODO ISTO E ALGUNHAS MELLORAS DAS QUE SE BENEFICIARÁN OS XUBILADOS MAIORES DE 65 ANOS.

Ribadeo, 23 de marzo de 2012. Remataron xa as obras de separación da marina seca do acceso aos pantaláns do porto deportivo de Ribadeo. Hoxe entra en funcionamento a pasarela, segundo ven de anunciar o presidente o do Club Náutico, Mario Coto. Agora procederase a reorganizar a zona de traballo da marina seca e despois adxudicaráse a súa xestión. A directiva do CNR enviou cartas a todos os socios explicándolles todo isto e algunhas melloras das que poderán beneficiarse os xubilados maiores de 65 anos.

Coto explicou que “xa remataron as obras, a partires de hoxe comeza a funcionar a pasarela para a entrada independente aos pantaláns e iniciamos a reorganización da zona de traballo da marina seca en cumprimento das leis de prevención de riesgos laborais e medio ambientais. Unha vez que conclúa esta fase pasaremos a adxudicar a súa xestión, pero non será ata que todo estea perfectamente organizado”.

O presidente do CNR indicou que “estes días todos os socios están a recibir unha circular na que se lles explican todos os pormenores da marina seca co obxectivo de evitar malos entendidos e para que non fagan malas interpretacións do que alí estamos a facer. Nesa carta lles explicamos cómo vai funcionar e o que pretendemos tamén é demostrar que non estabamos a ocultar nada”.

Mario Coto subliñou que “tamén lles damos a coñecer unha serie de melloras substanciais das que se poderán beneficiar. A directiva xa aprobara cando chegou ao CNR os catro movimentos (dúas subidas e dúas baixadas) das súas embarcacións e un lavado gratis do casco das embarcacións dos socios maiores de 65 anos. Nesta ocasión tamén incluimos que todos os socios xubilados maiores de 65 anos que o queiran solicitar terán gratis o lavado das embarcacións con eslora de ata 6 metros e a man de obra de aplicación da patente. E para embarcacións con eslora de 6 a 8 metros tamén dos socios xubilados maiores de 65 anos terán un lavado gratis e aplicación de patente, pero neste caso pagando unha cuota de 12 euros”.

O presidente do Club Náutico de Ribadeo dixo que “éstas son as melloras que creemos razonables para os socios do CNR sin lastimarlles o bolsillo. Hai xente que con 65 anos ten unha pensión pequena, pero hai outros que a teñen máis grande e son eses os que deben pagar e os outros hai que facer por eles”.

Exit mobile version