Site icon Crónica3.com A Mariña

O plan de axuste do Concello de Mondoñedo non reduce o custe de persoal, asegura o PP


O Partido Popular abandonou o pleno como mostra de repulsa ante a falta de respecto e de verdade amosada polo goberno

O Plan de Axuste elaborado polo Concello de Mondoñedo non reduce o custe de persoal político do bipartito

 PP critica que o goberno local non convocase ningunha reunión de portavoces para explicar e tratar as medidas que condicionarán o futuro de Mondoñedo durante os próximos dez anos

 O Grupo Popular explica que o plan non recolle ningunha medida drástica de axuste o que demostra que a situación do Concello non é tan crítica como explicaba o bipartito, confundindo á cidadanía

Mondoñedo, 31 marzo do 2012.- O Grupo Popular Municipal de Mondoñedo critica que o Plan de Axuste elaborado polo goberno local non reduce as dúas dedicacións exclusivas do bipartito nin a asignación por dietas, así tampouco recolle ningunha medida drástica para sanear as arcas municipais, excepto a de abrir ao público un mes menos as instalacións das piscinas. Ante este plan de axuste, o equipo de goberno demostra que a situación económica e orzamentaria do Concello non é tan crítica como levan explicando dende a súa entrada no goberno, co único obxecto de confundir á cidadanía.

No pleno celebrado onte, os concelleiros do Partido Popular abandonaron a sala onde se celebraba a xuntanza de control de goberno mensual sen proceder á votación en sinal de protesta, segundo explica a portavoz local, Elena Candia, por mostras continuas de falta de respecto, así como incidencias reiteiradas en mentiras constantes.

Candia recorda que o bipartito sempre criminalizou a xestión económica do PP de Mondoñedo, e agora presentan un plan de axuste que se sustenta en amortizar prazas de persoal que se xubila, non contratar novo persoal, diminuír gastos correntes e suprimir a asignación a partidos políticos, así como a asistencia a órganos colexiados, un gastos, estes últimos, que xa non se asumían dende o goberno bipartito. Poren, a portavoz local reincide en que o custo político producido ata agora, e que non se suprime nin se reduce, son as dietas do equipo de goberno e o pago de dúas dedicacións exclusivas.

Plan de Axuste

A portavoz local resume que este plan de axuste elaborado polo bipartito critica a situación actual do consistorio local baseándose en catro problemas: a plantilla sobredimensionada, a débeda contraída por exercicios anteriores, os servicios que non se financian e a contabilidade atrasada. Así, explica Candia, que partindo desta situación actual, dende o Concello pretenden planificar a devolución do millón e medio de euros que pagarán a proveedores. Un obxectivo, o da elaboración do plan de axuste, para o que dende o goberno local non convocaron ningunha xunta de portavoces, impedíndolle así ao Partido Popular formar parte dunha decisión que condicionará os próximos dez anos do Concello mindoniense.

A portavoz local recorda que a xestión levada a cabo por parte do bipartito durante os últimos 5 anos, non arranxou os problemas descritos na situación actual. Así, Candia amosa a súa sorpresa ante o dato extraído da contabilidade que reflexa unha diferencia positiva de 433030 entre as obrigas pendentes de pago (6372220) e os dereitos pendentes de cobro (6805250).

.

Candia lembra que no Concello si que había obras executadas e sen aboar na súa totalidade, incluso dende a época do anterior goberno bipartito (1995-1999), pero a portavoz local tamén denuncia que a xestión con proveedores por parte do actual goberno, lonxe de arranxar, ou diminuír, incrementou a débeda dado que á principal, hai que sumar intereses e costas.

A portavoz provincial agradece o traballo desenvolvido polos técnicos municipais así como a medida levada a cabo polo presidente do Goberno que permitirá cobrar unha débeda asumida e axudará así a sanear as contas municipais.

PARTIDO POPULAR

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Remitido

Exit mobile version