Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP aproba en solitario realizar un estudo que profundice nas causas do descenso de poboación de troitas no río Eo

Nota de prensa

A deputada popular Emma Álvarez Chao indica que esta situación está a afectar directamente a economía do Concello e pon en perigo a propia Festa da Troita, declarada de Interese Turístico Galego

O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, ESTUDAR O DESCENSO DA POBOACIÓN DE TROITAS NO RÍO EO NA PONTENOVA E FORMULAR ACCIÓNS ENCAMIÑADAS AO DESENVOLVEMENTO DESTA ESPECIE NO ZONA

 “Todas as medidas que se realicen para acercalo a niveis de poboacións de troita similares aos anos pasados suporía unha reactivación económica da zona vinculada ao turismo” segundo Álvarez Chao

 Posibles casos de contaminación puntual, vexetación de ribeira, presenza de enfermidades nos salmónidos, diminución dos caudais medios anuais, alteracións ecolóxicas, furtivismo, presión pesqueira ou existencia de predadores como a carpa terían que ser estudados como causas deste descenso, segundo a deputada popular

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.- O Parlamento de Galicia aprobou na sesión da Comisión de Agricultura celebrada hoxe unha iniciativa do PPdeG, na que se abstiveron os grupos parlamentarios do PSdeG-PSOE e BNG, encamiñada a realizar un estudo que profundice nas causas do descenso de poboación de troitas no río Eo, no seu tramo alto dende A Pontenova, e formular accións e medidas a realizar para cumprir coas condicións dos hábitats para o desenvolvemento da especie.

A iniciativa popular ven motivada ante o feito do descenso desta poboación “posto de manifesto có gallo da Festa da Troita que pasou de superar os 90 quilogramos hai uns anos a pouco máis de 15 na pasada edición” segundo Emma Álvarez. A deputada popular resaltou así o descenso poboacional acusado na troita común “que pasou de 0,33 individuos por metro cadrado no inventario do 96 a 0,13 no do 2007”.

“Aínda que a sabiduría popular pode estar no certo no referente aos motivos principais desta escasez e a basean no incremento dos tramos sombríos no río, a sucidade existente en moitos puntos e a abundancia de carpas ou outros depredadores” segundo Álvarez Chao “é necesario que a Xunta de Galicia realice un estudio que afonde nas causas co obxectivo de adoptar as medidas necesarias para cumprir coas condicións dos hábitats e facilitar o desenvolvemento desta especie” .

Posibles casos de contaminación puntual, vexetación de ribeira, presenza de enfermidades nos salmónidos, diminución dos caudais medios anuais, alteracións ecolóxicas, furtivismo, presión pesqueira ou existencia de predadores como a carpa terían que ser estudados como causas deste descenso, segundo a deputada popular.

Para Álvarez Chao a situación actual está a afectar directamente a economía do concello de A Pontenova ao verse truncados os ingresos procedentes da práctica da pesca de troitas polo descenso da especie e mesmo a propia Festa da Troita onde está moi arraigado o concurso de pesca “Festa da Troita de A Pontenova”.

“Polo tanto , indicou a deputada popular, todas as medidas que se realicen para acercalo a niveis de poboacións de troita similares aos anos pasados suporía unha reactivación económica da zona vinculada ao turismo, reactivación necesaria en tempos de crise ademais de mellorar a saúde medioambiental do río Eo”.

A deputada do PPdeG lamentou a abstención de socialistas e nacionalistas nunha iniciativa dun claro “interese medioambiental, ecolóxico e económico para a zona de A Pontenova”

Exit mobile version