Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés asegura que apoia o PXOM aprobado polo Concello

Nota de prensa

O PP burelés apoia o PXOM aprobado polo Concello.

Considera que o documento recolle as necesidades que tén Burela.
Lamenta que a oposición se abstivese por ter escaseza de miras

Burela, a 5 de marzo de 2012.- O Comité Local do Partido Popular de Burela manifestou hoxe, a través dunha nota de prensa, o “seu apoio ó documento do PXOM aprobado inicialmente” no pleno que a corporación celebrou o pasado xoves día un de marzo. Os populares consideran que, “en liñas xerais, é un documento que recolle as necesidades que tén Burela tanto no que se refire ó seu crecemento poblacional coma ó seu crecemento en dotacións e futuros servicios. Documento que, polo tanto, pode e debe ter unha importante vixencia, marcando as pautas do desenvolvemento futuro do concello”.

Desde o PP local, destacan algunhas cuestións que se propoñen no plan e que non figuraban no documento que o actual equipo de goberno se atopou: a disminución da afectación da actual variante pola zona norte de 100 a 25 m; a construcción dunha EDAR coa conseguinte localización da mesma; a aparición dun vial de conexión da zona ó norte da vía do tren co acceso ó porto na zona da Limosa; a configuración dunha fachada marítima na zona de Suafonte-Castrelo-Limosa que xire en torno a zona verde-vial-zona de vivendas; a configuración de solo urbano na zona de Vilar e do Cancelo, que non aparecían no documento anterior; etc. “Propostas todas elas que, a falta das alegacións veciñais e dos informes que teñen que emitir as distintas administración, contribúen a millorar o documento que o PP se atopou en xuño pasado”.

Por outra banda, desde o Comité Local do PP burelés lamentan “a abstención da oposición debido á súa escaseza de miras, usando argumentos demagóxicos e que buscan solamente revolver e montar bulla. Así, non se pode culpar ó actual Equipo de Goberno do trazado do corredor Barreiros-San Cibrao, porque, ademais de que en dous anos o anterior alcalde e o bipartito nada fixeron ó respecto, foi un ministro socialista, o Sr. Blanco, quen asinou a Declaración de Impacto Ambiental do corredor polo que se declara como definitivo o trazado que máis perxudica a Burela. E non hai que esquecerse de que o ministerio do Sr. Blanco emitiu un informe, metido nun caixón durante meses polo anterior alcalde, no que se obriga a recoller o trazado do corredor no PXOM”.

“Asimismo, segundo o Comité Local do PP, hai que recoñecer a valentía política do actual Equipo de Goberno, xa que nada máis chegar ó concello retoman a tramitación do PXOM, que estaba parada, e levan a cabo as reunións necesarias con Estradas do Estado e a Xunta de Galicia para continuar na tramitación, sen facer borrón e conta nova, pero sí engadindo aquelas cuestións que desde o Grupo de Goberno se consideran impresicindibles e beneficiosas para Burela. Valentía política que se traduce na celebración do pleno do pasado xoves. Cabe, pois, preguntarse se o bipartito e o anterior alcalde farían o mesmo”.

Exit mobile version