Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés celebrará o vindeiro día 15 unha asamblea de afiliados e simpatizantes

Nota de prensa

O PP burelés celebrará o vindeiro día 15 unha asamblea de afiliados e simpatizantes.

 Estudiarán realizar reunións informativas sobre o PXOM polos barrios de Burela.

 Desde maio de 2011, o PP celebrou dúas rondas de reunións en barrios.

Burela, a 8 de marzo de 2012.- O Partido Popular de Burela celebrará o vindeiro xoves, día quince de marzo, ás oito da tarde, na antiga biblioteca municipal, unha asamblea de afiliados e simpatizantes, continuando coa liña de traballo marcada hai anos polo comité que preside González Barcia de contar permanentemente coas bases do partido, telos informados periódicamente do traballo que se efectúa, tanto desde o partido coma desde o grupo municipal, e de recoller as suxerencias que os afiliados poidan aportar.

Nesta ocasión, os populares estudiarán a posibilidade de realizar reunións informativas con veciños polos distintos barrios de Burela para dar a coñecer o Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), nas súas liñas xerais.

Ademais, nestas reunións tamén se faría un resume do traballo que desde o equipo de goberno se está a levar a cabo no concello, tentando así de facer unha política de proximidade co conxunto da cidadanía.

O PP celebrou, logo das eleccións municipais de maio de 2011, dúas rondas informativas con veciños polos distintos barrios de Burela, e a intención é repetir este esquema de traballo no presente ano e sempre que se considere oportuno.

Exit mobile version