Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera que o CEIP de Covas ten suficiente dotación material e humana

Nota de prensa:

PARA O PPDEG O CEIP DE COVAS EN VIVEIRO ESTA DOTADO DOS RECURSOS EDUCATIVOS, MATERIAIS E HUMANOS SUFICIENTES PARA OFRECER UN ENSINO DE CALIDADE E GARANTIR A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

 A deputada popular defendeu a atención e a formación axeitada “e ademais os mestres están a adicar máis horas á atención do alumnado e de forma especial ao alumnado con necesidades educativas especiais e os que teñen dificultades de aprendizaxe”

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.- O PPdeG, a través da deputada Lourdes Yáñez, defendeu hoxe no Parlamento que o CEIP de Covas en Viveiro está dotado dos recursos educativos, materiais e humanos suficientes para ofrecer un ensino de calidade e garantir a igualdade de oportunidades. Así indicou que a Consellería de Educación asegurou os recursos necesarios para conquerir unha educación pública, equitativa e de calidade cumprindo cos medios previstos no Decreto 229/2011 do 7 de decembro que regula a atención á diversidade.

Segundo a deputada popular “o alumnado está atendido por 17 mestres, dous e medio mais que os que lle corresponderían por catálogo dadas as características do alumnado que escolariza, entre os que se atopan dous especialistas en Pedagoxía Terapéutica,un especialista en Audición e Linguaxe e un Orientador para atender e dar resposta especializada ao alumnado con necesidades educativas especiais”.

A deputada popular lamentou o intento da oposición de politizar e xerar unha alarma inxustificada xa que a realidade do centro “é que

Conta cun profesorado suficiente e cualificado para garantirlle a todo o alumnado unha educación equitativa e de calidade e non é certo que estea a sufrir carencias”.

Así mesmo Lourdes Yáñez defendeu a atención e a formación axeitada “e ademais os mestres están a adicar máis horas á atención do alumnado e de forma especial ao que precisa necesidades educativas especiais e aos que teñen dificultades de aprendizaxe”

Así mesmo Lourdes Yáñez indicou que os mestres están a adicar máis horas á atención do alumnado dado o incremento de horas lectivas do profesorado, hai unha maior dedicación por parte deste,un aumento das actividades de reforzo e de apoio por parte de todo o profesorado do centro, saíndo reforzado todo o alumnado e de forma moi especial o alumnado con necesidades educativas especiais e o alumnado con dificultades de aprendizaxe”.

Exit mobile version