Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP critica á Deputación por suprimir os fondos do plan de pequenas obras de infraestructura aos pequenos concellos

Nota de prensa

O Partido Popular de Lugo critica á Deputación por suprimir os fondos do Plan de pequenas Obras de infraestructura aos pequenos Concellos

Lugo, a 2 marzo de 2012.- O Partido Popular de Lugo acusa á Deputación provincial de non basearse nos criterios de necesidade e obxectividade á hora do reparto dos fondos, enmarcados dentro do Plan de Obras e Servizos, que a Administración provincial destina aos pequenos concellos. Unha situación que discrimina aos concellos con fins que se poden considerar partidistas.

O PP provincial non entende nin ve claro cal é o criterio que segue o organismo lucense para repartir os fondos se estes non son de caracter partidista. Aseguran os populares que as competencias están marcadas constitucionalmente e eso tense que cumprir. Di o PP que Concellos coruñeses, cunha extensión moito menor cos lucenses, reciben unha cuantía económica moito maior cos da provincia de Lugo. Os populares critican ao ente provincial por destinar ese diñeiro a outras áreas.

Esta discriminación de desamparo aos municipios lucenses parece exemplificarse tamén coa supresión do Plan de Pequenas Infraestruturas que convocaba de forma anual a Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos Lugo, dentro da súa unidade de plan especiais, e que nesta ocasión, non aparece recollido nos orzamentos do 2012.

Ao Partido Popular preocúpalle que dende a Deputación Provincial de Lugo se rescinda este tipo de axudas durante a anualidade de 2012 xa que trátanse de subvencións que permiten cofinanciar nos concellos de baixa recadación económica obras que contribúen a unha mellora na calidade de vida dos veciños. Esta liña de subvencións integra axudas para a realización de arranxos de pequena envergadura como poden ser a adecuación de beirarrúas, praciñas ou alumeados, que pese ao seu baixo custo económico, permiten satisfacer necesidades de gran calado nos concellos.

Dende o Grupo Popular esperan que o feito de que a maioría dos Concellos son de cor azul, non influira á hora de tomar a decisión de continuar co Plan de pequenas obras de infraestruturas para municipios da provincia de Lugo de menos de 5.000 habitantes e non entenden cal é o caracter que imprime a supresión desta partida orzamentaria.

Exit mobile version