Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz amosase preocupado polo rigor e resiedade do voto do PSOE no Concello e na Deputación

O Deputado socialista, Val Alonso,mostra unha clara falta de seriedade tras votar, cinco días despois,de maneira diferente ao seu grupo, a mesma moción

O PP de Foz critica a falta de rigor e seriedade por parte dos socialistas, denunciando a súa única preocupación: o soldo a fin de mes

-Os populares levaron ao pleno de Foz,celebrado o pasado xoves, día 22 de marzo, e ao da Deputación, celebrado, onte martes día 27 de marzo, unha moción relativa á adecuación da estrada provincial LU-0210 que permite a comunicación entre os concellos de Foz e Alfoz

-O Deputado socialista José Ramón Val Alonso, cinco días despois de que o seu grupo votase a favor da moción en Foz, vota en contra na Deputación de Lugo

-Manín “Cambia antes de opinión que de chaqueta, que xa é grave”

Lugo, 27 de marzo de 2012-. O concelleiro de Medio Rural, Obras e Pesca, Pedro Fernández Manín, denuncia a falta de seriedade e de rigor por parte dos socialistas logo de que o deputado José Ramón Val Alonso votase de maneira diferente ao seu partido, a mesma moción.

No pleno municipal de Foz, celebrado o pasado xoves día 22 de marzo, levouse a cabo unha moción relativa á adecuación da estrada provincial LU-0210 que permite a comunicación entre os concellos de Foz e Alfoz, na que os socialistas, votaron a favor. Esta mesma moción levouse a cabo no pleno provincial, que tivo lugar onte xoves, día 27 de marzo, onde o Señor Val Alonso, votou en contra.

“De novo vemos como aos socialistas só lles preocupa o sillón e un soldo a final de mes. O rigor e a seriedade non vai con eles, son termos que descoñecen”- afirma Fernández Manín.

Arremeteu duramente Pedro Fernández Manín contra os socialistas tras esta incoherencia política e lembrou o mal estado do firme e das cunetas da estrada LU-0210 que dá servizo entre os núcleos de San Acisclo (Foz) e Seara (Alfoz).

Fernández Manín lembra que se trata dunha moción, na que se instou a Deputación de Lugo, a velar polo mantemento das estradas que son da súa competencia, e máis cando moitas destas vías son o principal enlace de comunicación entre os núcleos poboacionais da provincia e permiten así mesmo o desenvolvemento de actividades que fomentan o emprego na zona.

Pero ante esta circunstancia “desgraciadamente, volvemos a ver a falta de coherencia política, rigor e seriedade e o único afán por parte dos socialistas, que ante un tema tan serio e preocupante como o mantemento das estradas, só pensan no seu soldo a fin de mes”-insiste Manín.

Remitido

Exit mobile version