Nota de prensa
O éxito acadado na reunión do pasado venres con empresarios lucenses, levou ao Partido Popular a trasladar ás comarcas da provincia este encontros
O Partido Popular de Lugo continúa nas comarcas da provincia reunións con empresarios para trasladarlles as medidas que o Goberno Central ven adoptando nestes últimos meses
Deputados e Senadores explicarán, comarca por comarca, as novas medidas do goberno de España
As principais medidas das que se dará conta, serán o Real Decreto de pago a proveedores e a reforma laboral
Lugo, 20 de marzo de 2012.- O Partido Popular de Lugo continúa esta semana cunha iniciativa que arrancou o pasado venres, día 16 de marzo, e que resultou ser un auténtico éxito.
Se a pasada semana o partido iniciaba na cidade da muralla, unha xuntanza con empresarios lucenses co obxectivo de explicarlle as medidas que ven adoptando nos últimos meses o goberno central, agora continuará con esas reunións nas comarcas da provincia.
As principais medidas das que se lle dará conta aos empresarios, serán o Real Decreto de pago a proveedores e a reforma laboral.
O primeiro encontro terá lugar este xoves, día 22 de marzo, na comarca da Terra Chá e na da Montaña. No Polígono empresarial de Vilalba, ás 13:00 horas e no salón municipal da Fonsagrada, ás 12:00 do mediodía, Deputados e Senadores do partido explicarán aos empresarios da zona as últimas medidas adoptadas polo goberno central.
A seguinte reunión será o venres, día 23 de marzo, tamén ás 12:00 do mediodía, na sede do Partido Popular en Sarria. Ata alí trasladaranse Deputados e Senadores para dar conta aos empresarios da zona as últimas medidas adoptadas polo goberno de España, facendo especial fincapé, no Real Decreto de pago a proveedores e na reforma laboral.
O sábado día 24 de marzo, ás 12:00 do mediodía, Deputados e Senadores trasladaranse a sede do Partido Popular en Monforte, para dar conta aos empresarios da zona das novas medidas adoptadas polo goberno de Mariano Rajoy.
O luns día 26 de marzo, tamén ás 12:00, a xuntanza terá lugar na Mariña, na Casa da Cultura de Foz, onde os Deputados e Senadores explicarán aos empresarios da costa lucense as novas medidas do executivo central.
Finalizarán estes encontros, o día 30 de marzo, ás 12:00 do mediodía, en Chantada.
Unhas xuntanzas para trasladarlle aos empresarios de toda a provincia de Lugo unhas medidas que para o Partido Popular de Lugo son as necesarias para rematar coa herdanza que nos deixou o goberno socialista que non foi outra que esta actual crise económica e os máis de 5 millóns de parados.