Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo reunirase co sector turístico para incentivalo

Nota de prensa:

Os populares buscan consensuar iniciativas para fomentar o desenvolvemento turístico da provincia

Candia reunirase cos concelleiros e asociacións do ámbito turístico provincial para compartir propostas que incentiven o sector

. A portavoz provincial non entende o porqué o Grupo Popular non ten ningún tipo de representación na empresa provincial de turismo que proxecta a Deputación

Lugo, 16-3-2012. – O Grupo Popular provincial promoverá unha xuntanza con representantes da área turística, tanto con concelleiros e outros membros da administración pública como con presidentes de asociacións turísticas ou culturais que fomenten a dinamización desta actividade de importante representación para a economía lucense.

A reunión plantexada polos populares nace co obxecto de compartir con representantes do sector turístico propostas que incentiven este tipo de actividade na provincia e ser coñecedores así de primeira man de cales son as demandas primordiais deste sector.

Candia pretende seguir esta liña de traballo tras que a Deputación Provincial de Lugo non contara co Grupo Popular á hora de ter representación na comisión de estudo da empresa provincial de turismo, que o organismo provincial ten previsto levar adiante e da que polo de agora o Grupo Popular non tivo ningún tipo de comunicación ao respecto.

O Grupo Popular estudará o proxecto da empresa provincial de turismo ao detalle xa que a fin neste ámbito é o de intentar fomentar o turismo, conseguir a súa desestacionalización e buscar postos de traballo. Uns obxectivos que se deben consensuar obtendo a maior rentabilidade posible e evitando custos reducibles, que poden conlevar a constitución de entes paralelos ou dependentes das administracións.

Exit mobile version