Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo critica o elevado número de multas por estacionamento nas inmediacións do centro de saúde

Nota de prensa

Os veciños manifestan as súas queixas pola actitude do goberno local

O PP local critica o elevado número de multas por estacionamento nas inmediacións do centro de saúde cando o goberno non ten nin habilitada a praza reservada a minusválidos

O Grupo Municipal Popular avergoñase destas medidas sancionadoras a veciños con mobilidade reducida que acoden ao PAC

Candia explica que a política de tráfico do grupo do goberno é “criticable e indigna e máis cando vai dirixida a persoas que con caracter de urxencia se ven obrigados a asistir ao PAC”

Mondoñedo, 2 de febreiro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo repulsa o procedemento sancionador en materia de Tráfico que profesa o goberno local. Grupo Popular fai estas declaracións en relación ao elevado número de multas que están a firmarlle dende o Concello aos veciños que acoden ao centro de saúde de Mondoñedo.

Foron varios os veciños que manifestaron as súas queixas por esta política do bipartito local e máis cando a zona non conta con adecuacións suficientes para aparcadoiros nin con praza reservada para os minusválidos que necesiten desprazarse ata o centro de saúde.

A portavoz do PP local, Elena Candia, cualifica de “desproporcionada” esta actitude emprendida polo grupo municipal e pregúntalle ao bipartito “ se estas son as medidas que pensa emprender o PSOE e o BNG mindoniense para combater a crise?”.

Segundo Candia, o seu grupo avergóñase desta situación e do comportamento que o equipo de goberno está demostrando de cara a persoas con redución de mobilidade ou outros problemas físicos e que para evitar largos desprazamentos vense na obriga de estacionar os seus vehículos nas inmediacións do centro de saúde.

“A política sancionadora do grupo do goberno é criticable e indigna”, explica Candia, e máis cando van dirixidas a persoas que con caracter de urxencia se ven obrigados a asistir ao PAC.

Exit mobile version