Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pídelle ao alcalde que asuma a súa responsabilidade na xestión do concello

Nota de prensa:

O PP local pídelle ao alcalde que asuma a súa responsabilidade e pregúntalle cando o PP deixará de ser o culpable de todo o malo que suceda no concello

• A Portavoz local recorda que a xestión do bipartito non destaca polo seu grado de austeridade

Mondoñedo, 16 de marzo do 2012.- O Partido Popular de Mondoñedo, a través da súa portavoz Elena Candia, pídelle ao alcalde local, Orlando González, que asuma a súa responsabilidade xestora do concello e deixe de acusar ao anterior goberno do Partido Popular das situacións que se viven no Consistorio local.
Candia fai estas declaracións en relación a débeda que o Concello local presenta cos proveedores e que por non ter as facturas ao día se ve agora na obriga de enviar os impagos ante o Ministerio de Facenda, en virtude do Real Decreto aprobado en febreiro.
A portavoz local recorda precisamente que moitas das actuacións levadas a cabo polo bipartito non destacan polo seu grado de austeridade. Candia destacou a execución do Plan E, que ao pouco tempo de rematar as obras, o estado de deficiencia era similar a antes de ser acometidas estas actuacións. A portavoz local tamén fai referencia ao diñeiro público invertido na elaboración das contas acudindo a unha empresa privada algo inusual e que supuxo as arcas locais máis de sete millóns de pesetas e que aínda agora veñen de firmar convenio coa Deputación provincial para tal acometido cando a totalidade dos concellos o asume con medios propios. Candia tamén lembra as actuacións acometidas no entorno da catedral e praza do seminario, levantando beirrarúas recén arranxadas.
A portavoz local para o control da súa xestión e aclarar a veracidade dos datos que aporta o rexedor, pediu por rexistro a listaxe de facturas que deben presentar ante o Ministerio de Hacienda.
Ante esta situación, Candia preguntase a quen lle botará a culpa o alcalde local cando o problema non sexa causado pola falta de liquidez e impago a proveedores que asumirá o Ministerio e non teña a opción de acusar ao anterior goberno local da xestión do Concello.

Exit mobile version