Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo considera “inaudito” que o BNG estea orgulloso da súa debeda a proveedores de 1,78 millóns de euros

O GRUPO POPULAR DE RIBADEO CONSIDERA “INAUDITO” QUE O BNG ESTÉ ORGULLOSO DA SÚA DEBEDA A PROVEEDORES DE 1.780.000

Nestes días coñecemos o que o Concello de Ribadeo adebeda a algúns proveedores (concretamente aos 297 que cumprían as condicións do Real Decreto-Ley que requería informar sobre as débedas) 1.953 facturas que ascenden a un total de 1.780.620,78 Euros.

A información que o BNG proporcionou á cidadanía limitouse a informar do montante total e de loubar a súa xestión da débeda. Deuse conta ó pleno por obrigación do propio Real Decreto-Ley sen permitirse debate algún e a concelleira do Partido Popular incluso tivo que escoitar de boca do Concelleiro de Economía e Facenda con bastante malas formas que era moi “pesada”, que era horrible debater con ela e “que sempre estaba co mesmo”. Deixando a un lado a absoluta falta de respecto do concelleiro para quen simplemente tenta facer a súa función de control ó goberno, o Grupo Popular quere facer públicos algúns detalles arrincados da relación de facturas que consideramos que din bastante pouco da “boa xestión” da que presume o goberno.

É preciso aclarar que en absoluto constitúe este importe a débeda total do concello posto que non se inclúen nesta relación as que teñen data posterior ó 31 de decembro, as débedas por concesións, as débedas con administracións públicas o outros entes públicos, as débedas financeiras, as indemnizacións dos xuízos que seguen a perder ou as que se pagaron antes do 30 de marzo, por exemplo.

Como primeiro aspecto resulta destacable (por máis que lle “escoza” ao Concelleiro) que se sacaron 60 facturas por importe de 113.000 “do caixón” porque así o esixía o decreto. Estas facturas aparecen na relación como “contabilizadas y no aplicadas” polo que non estaban recoñecidas.

Tamén se desprende da relación que se adebedan máis de 24.000 euros a medios de comunicación, máis de 87.000 a unha empresa de limpeza do ano 2.009, a unha pequena ferretería da vila case 29.000 euros e máis de 256.000 euros á empresa subministradora da electricidade, por poñer tan só algúns exemplos. Tamén resulta salientable que se lle adebede a unha empresa de montaxe de carpas máis de 11.000 euros desde o 2.008 (si non se poden poñer carpas que organicen doutro xeito as actividades pero si se poñen que as paguen) ou a unha empresa de luces decorativas case 19.000 euros do 2.010 (ó mellor isto dálle un significado a aquilo de que espírito do Nadal vai no corazón e non nas luces)

Chama tamén á atención a importantísima débeda a dúas entidades financeiras que corresponden con facturas endosadas a proveedores co que estes conseguen unha liña de desconto que lles aporta a liquidez que precisan e da que os retrasos dos pagos municipais lles privan. Estes endosos suman un importe de máis de 418.000 euros, sendo os máis antigos de ano 2.003. Esta situación amosa claramente o custe que para os autónomos e pequenos empresarios ten a falla de compromiso cos pagos do goberno do BNG e que se concreta nos intereses que se ven abocados a pagar ós bancos.

Por último, e con un escrupuloso respecto a tódalas empresas, resulta moi significativo para valorar esa xestión da que se louba o BNG comprobar que hai proveedores ós que se lles adebedan facturas de todo o ano 2.011 ou facturas de anos anteriores e outras que cobran puntualmente ou teñen pendente tan só o mes de decembro.

O Grupo municipal do Partido Popular non comparte, pois, a valoración positiva que o BNG realiza da súa xestión dos pagos a proveedores e quere recordarlle ó equipo de goberno que por máis “pesado” que lles resulte van a continuar dando conta pública ós veciños da súa xestión e que, a partir de agora, o contador das débedas a proveedores poñerase a “0” polo que esperamos que aproveiten a ocasión para comezar a atender os pagos nun prazo razoable.
Remitido

Exit mobile version