Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo denuncia que o concello dará de baixa débedas a proveedores e unha absoluta falla de información cara á cidadanía e ás empresas

Nota de prensa

O PP DE RIBADEO DENUNCIA QUE O CONCELLO DARÁ DE BAIXA DÉBEDAS A PROVEEDORES E UNHA ABSOLUTA FALLA DE INFORMACIÓN POR PARTE DO GOBERNO CARA Á CIDADANÍA E ÁS EMPRESAS

A actuación do Goberno Municipal do BNG con respecto ó pago das súas débedas está sendo digna dunha “república bananera” en lugar de propia duns xestores responsables para cos veciños e cos autónomos ou empresas ás que lles adebedan facturas.

No BOP de onte atopabamonos co “summum” do descaro por parte do goberno que publica a “exposición pública do expediente de depuración contable por prescripción”. É dicir, anuncia que vai “limpar” a contabilidade municipal eliminando algunhas facturas anteriores a 2.007 xa que están prescritas. De seguro que ten algunha relación con todo esto o feito de que este expediente é requisito para que as facturas prescritas que non se pensen aboar non se inclúan na relación de pagos pendentes que se envía ó Ministerio.

O Partido Popular considera “indignante”,

 Que nos tempos duros que están atravesando as empresas e autónomos se decida non pagarlles débedas que o Concello ten contraídas con eles fai máis de catro anos;

 Que o goberno decida o 31 de decembro que vai iniciar un expediente para eliminar da contabilidade algunhas débedas prescritas e o faga público tres meses despois;

 Que non se comunique ós interesados de forma individual que non van cobrar as súas facturas, senón que se faga anunciándoo nun boletín;

 Que sexan os propios interesados os que deban dirixirse ó concello para coñecer a situación das débedas que éste mantén con eles e si se atopan entre as que se comunican ó Ministerio e, polo tanto, se pagarán, ou entre as “depuradas” e, polo tanto, non se pagarán;

 Que desde o ano 2.003 ó ano 2.007 o BNG formaba parte do goberno municipal bipartito polo que pode darse o caso de que eles decidan non pagar servizos que eles ou os seus socios de goberno contrataron, ou que o criterio para dalas de baixa sexa si son súas ou de outros;

 Que tendo un gabinete de prensa que pagamos tódolos ribadenses non se emita un comunicado por parte do goberno municipal no que deixe clara a situación das debedas cos proveedores que asisten atónitos a unha marea de informacións sobre facturas que van ó Ministerio e facturas que prescriben sin saber a qué carta quedarse;

 Que, unha vez máis, a páxina web do concello se utilice para mayor gloria do goberno municipal e non para informar de cuestións vitales para os veciños e empresas como sería qué facturas se decidiu en Decembro que se borrarán da contabilidade;

Na mañá de hoxe o Grupo Popular solicitou copia do expediente dado que a este grupo tampouco lle foi comunicada a intención de non pagar o que se lle debe a algúns autónomos e empresas nin se deu conta do mesmo en comisión ou en pleno, enterándonos, coma todos, polo BOP. Descoñecemos, polo tanto, o importe da débeda que o goberno vai borrar de un plumazo das obrigas de pago, a natureza das débedas, as empresas ás que se lles nega o dereito de esixir o pago das súas facturas, o criterio seguido para a expurga das obrigacións de pago, etc

En definitiva, que o Grupo Popular quere facer pública unha chamada de atención a todos aqueles que teñan facturas pendentes de cobro no Concello de Ribadeo para que comproben cal é a situación desas débedas.

Tamén queremos amosarlle publicamente ó equipo de goberno o noso máis enérxico rexeitamento á súa actuación pois, independentemente de que o dereito os asista para non pagar o que deben fai máis de catro anos por prescripción, consideramos que negándolle ás empresas o dereito de cobrar o que lles pertence non lles van axudar, máis ben ó contrario, a remontar esta difícil situación pola que están a pasar.

Exit mobile version