Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo quere máis claridade na xestión municipal

Nota de prensa:

O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DENUNCIA O OBSCURANTISMO E A FALLA DE TRANSPARENCIA COA QUE O ALCALDE MANEXA OS CARTOS PUBLICOS.

Dende o Grupo Municipal do PP denunciamos o que consideramos que é unha conducta inaceptable e del todo rexeitable do Alcalde de Ribadeo, quén unha vez máis amosa a súa falta de respeto institucional aos Grupos da oposición no Concello, que se ven privados pola Alcaldía de toda información sobre a xestión do Concello, o que lles impide desenvolver a súa labor de fiscalizar a xestión do equipo de Goberno en aras á transparencia das contas publicas do Concello, porque todos los nosos veciños teñen o dereito de coñecer o estado das mesmas e a xestión que o BNG esta desenvolvendo dende o Concello.

Denunciamos que no se teña dado conta a oposición antes da súa presentación ante o Ministerio de Facenda nin da lista de facturas a proveedores que se atopaban pendentes de pago a 31 de decembro de 2011, nin da cuantía da debeda, nin do plan de axuste que se ten que presentar antes de rematar o mes e que lle permitirá ao Concello facer fronte ao pago desas débedas, tendo que ser a través dos medios de comunicación que se soubera da noticia de que o Concello de Ribadeo adebeda a cantidade de 1.700.000€.

Entendemos que neste asunto, como noutros, o Alcalde actúa con total obscurantismo e absoluta falla de transparencia, polo que lle recordamos que o pobo debe coñecer cómo se xestiona os caudais municipais e o Alcalde esta obrigado a informar da forma más aberta posible, de xeito que lle pedimos que nas actuacións que realice e nas decisión que adopte proceda da forma máis franca posible, que xustifique ante os veciños as súas decisións, que non limite a información que chega ao cidadán, e que non se agoche tras unhas notas de prensa elaboradas por unha empresa pagada cos cartos de tódolos Ribadenses e que na meirande parte das veces carecen da obxectividade e imparcialidade, que lles cabería supoñer.

E en base a esa transparencia e responsabilidade que debe presidir a xestión da cousa pública é que dende o Grupo Municipal do Partido Popular que lle esiximos ao Alcalde que proceda xa a dar conta aos veciños de onde procede esa débeda de 1.700.000€, cál é o importe que vai solicitar para facerlle fronte, como se lle vai facer fronte ao pago deste crédito, se vai recortar partidas orzamentarias, e de ser así cáles, se vai recortar en gastos de persoal ou ben se vai recortar en Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
prestación de servicios… en definitiva o que se lle pide ao Alcalde é que non se agoche e que non demore en dar conta aos veciños de como vai quedar a partir de agora afectada a xestión das arcas municipais.

Exit mobile version