Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia o total abandono e falta de compromiso da Deputación de Lugo na rede de estradas provinciais

Nota de prensa

Tra-lo seu percorrido por varios Concellos, Candia comprobou in situ as notorias deficiencias presentes

O Grupo Provincial popular lucense denuncia o total abandono e falta de compromiso da Deputación de Lugo na rede de estradas provinciais

Lugo, 10 de marzo de 2012- A voceira provincial do PP de Lugo, Elena Candia, arremeteu duramente contra a Deputación de Lugo ante a pasividade do organismo no tocante a rede de estradas provinciais.

Tras un percorrido por varios concellos da provincia de Lugo, Candia comprobou, in situ, as deficiencias presentes nas vías provinciais lucenses e escoitou as queixas dos veciños, quenes están fartos de esta situación e manifestaron o seu malestar.

Candia lembrou o corte na estrada provincial LU-P-5505, que vai de Orrea-Galegos (en Riotorto) debido a un socavón existente aproxidamente no punto KM 0,58-0,60 da mencionada vía.

“O estado da estrada LU-0210, de titularidade provincial, que da servizo dende San Acisclo (Foz) á Seara (Alfoz) presenta un mal estado do firme” asegura Candia.

A voceira dos populares na Deputación tamén explicou os deterioros das estradas, LU-152 e LU-160, que unen Ferreira do Valadouro-Foz e Valadouro-Mondoñedo, respectivamente.

Lembrou Candia que ámbolos dous concellos mariñanos presentaron sendas iniciativas nos plenos locais nas que lle solicitaron á Deputación o aglomerado do vial e máis a reforma do entronque da LU-0212 coa LU-152, e que o grupo provincial ten rexistrada unha iniciativa para coñecer a planificación do organismo provincial para a adecuación do arranxo destas estradas.

“como se pode observar a día de hoxe o organismo provincial fai caso omiso, deixa de lado os Concellos e máis ainda se non son da súa cor política”-lamenta Candia.

Exit mobile version