Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP explica que o consumidor prefire escoller produtos galegos porque premia e valora a gran calidade nutricional

Nota de prensa

Un dos aspectos fundamentais para a posta en valor destes produtos é avanzar en medidas que permitan a diferenciación dos mesmos no punto de venda

BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLAS MEDIDAS QUE IMPULSA A XUNTA NO ÁMBITO DA PROMOCIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS GALEGOS

O voceiro do Mar do PPdeG está convencido de que o consumidor prefire escoller produtos galegos porque premia e valora a gran calidade nutricional e as maiores garantías hixiénico sanitarias que ofrecen e de aí a importancia dunha perfecta identificación.

Santiago, 7 de marzo de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, rexistrou unha batería de inicaitivas no Parlamento de Galicia a través das que se interesa polas medidas que a Consellería do Mar está a impulsar no ámbito da promoción da venda e do consumo de produtos pesqueiros e marisqueiros galegos.

PREFERENCIA DOS CONSUMIDORES

Segundo explica o portavoz do Mar do PPdeG, un dos aspectos fundamentais para a posta en valor destes produtos é avanzar en medidas que permitan un correcta diferenciación e identificación dos mesmos no punto de venda e que amplien, incluso, a información que ofrece o actual etiquetaxe.

Jose Manuel Balseiro está convencido de que si os consumidores teñen facilidades para recoñecer e escoller produtos galegos no mercado estes serán obxecto da súas preferencias de consumo, xa que a inmensa maioría deles premian e valoran a gran calidade nutricional e ás maiores garantías hixiénico sanitarias que ofrece os nosos peixes e mariscos.

“A crecente presenza de peixe e marisco doutros países nos mercados provoca unha forte competencia aos produtos do mar galegos. Se ben é certo que o sector pesqueiro galego ten que ser capaz de orientar a súa produción ás demandas actuais dos consumidores tamén é certo que deben contar co apoio da Xunta de Galicia neste esforzo, por exemplo, impulsando medidas de promoción”- explicou Balseiro.

MOITO OLLO CO QUE ESCOLLO

O parlamentario popular quere coñecer as iniciativas que está a levar adiante a Xunta con campañas como a que se está a desenvolver baixo o título Moito ollo co que escollo na que a través de numerosos carteis e displays colocados en mercados e prazas de abastos galegas aconsellan produtos do mar no mellor da súa tempada e inclúen recomendacións de preparación, ademais de información sobre tallas e vedas.

Jose Manuel Balseiro pregunta nas súas iniciativas parlamentarias tanto polo deseño e desenvolvemento de estas e outras campañas de promoción impulsadas pola Xunta así como tamén pola valoración que o Goberno galego fai das mesmas e as previsións que manexan, neste ámbito concreto, no futuro.

O NOSO O MELLOR

Cómpre non esquecer que, en Galicia polo xeral, as actividades relacionadas tanto co ámbito extractivo do sector da baixura (pesca, marisqueo) como no da transformación (conservas, conxelados, precocinados,) veñen de caracterizarse polo elemento diferencial do valor artesanal, así como tamén polas características da calidade dos nosos peixes e mariscos. Ambas características trasladadas aos consumidores son especialmente ben acollidas.

Exit mobile version