Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP matiza que reclamaba establecer “en colaboración coa UE” o aproveitamento dos descartes pesqueiros para a distribución entre comedores benéficos da provincia

Nota de prensa

Jose Manuel Balseiro pide aos representantes do bipartito provincial que deixen de enganar aos veciños desvirtuando o contido da proposta popular nun intento desesperado por xustificar a súa negativa e por limpar a súa mala conciencia

A INICIATIVA DO PP RECLAMABA ESTABLECER “EN COLABORACIÓN COA UE” O APROVEITAMENTO DOS DESCARTES PESQUEIROS PARA A SÚA DISTRIBUCIÓN ENTRE COMEDORES BENÉFICOS DA PROVINCIA

 O PP asegura que a Deputación non fala co sector pois se non sabería que os propios pescadores apoian esta proposta e insiste na vergoña que supón defender que é mellor tirar o peixe ao lixo que darllo aos comedores sociais nun momento en que a crise fan tan necesario colaborar con estas entidades benéficas.

 Se PSOE e BNG tivera vontade de axudar xa poderían estar colaborando coa Xunta na distribución do peixe e marisco requisado aos furtivos, pero nin nesto axudan.

Lugo, 17 de marzo de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro saíu ao paso dos argumentos empregados pola Deputación de Lugo ante o que cualificou como un novo “intento desesperado” do bipartito provincial por xustificar a súa posición contraria á iniciativa do PP na que pedía o aproveitamento do peixe e marisco -comisado e procedente dos descartes- para a súa distribución entre comedores sociais.

O portavoz do Mar do PPdeG non dubida en considerar “patético e inaceptable” desde o punto de vista político a postura que defenden os actuais gobernantes da Deputación. Jose Manuel Balseiro insiste na vergoña que supón defender que é mellor tirar o peixe ao lixo ou devolvelo morto ao mar, que darllo aos comedores sociais nun momento en que a crise fai tan necesario colaborar con estas entidades benéficas. “Esta posición do bipartito tan só pode facerse ou desde a ignorancia máis absoluta en temas pesqueiros ou porque non se fala co sector”, pois desde o PP sosteñen “que os propios pescadores son os primeiros en apoiar este tipo de propostas”.

DESCARTES

Balseiro lembrou que aínda que neste momento a normativa comunitaria obriga a devolver ao mar o peixe capturado no aparello naquelas ocasións nas que se ten superado a couta máxima de captura dunha especie, a iniciativa popular non deixaba espazo para a dúbida e pedía negociar diante da Unión Europea “e en colaboración con ela” a articulación dun novo sistema de distribución deste peixe para que en vez de ser reintegrado ao mar, puidera descargarse en porto e ser incorporado aos menús dos comedores sociais.

Jose Manuel Balseiro pide aos representantes do bipartito provincial que “deixen de enganar aos veciños” desvirtuando o contido da proposta, nun “intento desesperado” por xustificar a súa negativa a apoiar a iniciativa do PP, e nun claro intento de “limpar a súa mala conciencia”.

Balseiro finalmente lembralles aos do bipartito provincial que o aproveitamento dos descartes para fins benéficos é ademais unha das propostas que se está a estudar na Unión Europea dentro dos asuntos a tratar ante a inminente reforma da Política Pesqueira Común. De feito a intención das institucións comunitarias é prohibir unha práctica -a dos descartes- que supón devolver o peixe morto ao mar e, polo tanto contaminar os caladoiros e afectar a sostibilidade do recurso. Con todo, o bipartito nin ten sequera escoitou os argumentos do PP en apoio desta iniciativa.

O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular insiste finalmente en que no Goberno da Deputación de Lugo non había “vontade real” en colaborar coa Xunta na distribución destes alimentos entre todas as entidades benéficas da provincia. Pois si ven no caso do peixe e marisco procedente dos descartes pesqueiros era preciso negociar previamente coa Unión Europea a articulación deste novo sistema, no outro caso, o do aproveitamento dos produtos do mar requisados en operación contra o furtivismo, “podían colaborar desde xa mesmo, pois os Gardacostas realizan comisos todas as semán, e pese a isto, tamén neste caso se negaron”.

O deputado popular insiste en que a Deputación “está a tempo de rectificar e evitar unha grande inxustiza, e un atropelo ao sentido común e a máis mínima sensibilidade para coas persoas que o están a pasar tan mal, máxime nos tempos que corren”.

Exit mobile version