Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide á Deputación a documentación sobre a Empresa Pública de Turismo

Nota de prensa:

O grupo provincial popular insta á Deputación de Lugo a colaborar en materia de turismo coas outras administracións para o desenvolvemento consensuado de iniciativas que permitan fomentar o turismo na provincia

Candia:“Mentras o goberno central e autonómico adoptan medidas de austeridade para combati-la crise, a Deputación de Lugo adícase a creacción de chiringuitos innecesarios en materia turística”

. Os populares lucenses instan á Deputación a que atenda ás demandas achegadas directamente dende os entes e asociacións turísticos e que manteña un contacto directo con eles, en vez de crear organismos paralelos que incrementan os custes de creación en comparación cos resultados obtidos.

. Piden tamén os populares de Lugo que o organismo provincial faga pública toda a documentación necesaria acordada en relación coa creación da Empresa Pública de Turismo e facilite a maior transparencia posible

Lugo, 21 de marzo, de 2012- O grupo provincial popular levará ao vindeiro pleno, que terá lugar o vindeiro martes día 27, unha moción relativa ao fomento da actividade turística na provincia de Lugo.

Asegura a voceira dos populares na Deputación de Lugo que nun contexto de débeda pública, altos índices de desemprego e escasas noticias positivas no panorama económico, os gobernos do Partido Popular adoptan medidas de austeridade e levan a cabo iniciativas de reducción da Administración paralela e de recortes retributivos entre os directivos dos chamados ‘chiringuitos’.

Din os populares que todo apunta a que esta liña de traballo de reducción da administración paralela, dirixida a recuperación e a optimización de recursos para o desenvolvemento de plans eficaces e demandados polos entes sociais, non é a perseguida pola Deputación provincial de Lugo, xa que na xunta de goberno do pasado 16 de marzo, designou unha comisión de estudo para a creación dunha Empresa Provincial de Turismo. Un organismo público que, segundo os populares, incrementará os entes administrativos e que tras o seu anuncio pola anterior deputada María Xosé Vega Buján, a mediados de ano, constitúese agora a comisión para a construción da Empresa Pública de Turismo.

Malia que dende a Deputación provincial e en declaracións aos medios de comunicación, resaltábase unha importante colaboración coas principais asociacións que agrupan as empresas ligadas co turismo, coa hostalería e coas casas de turismo rural. Uns días despois, algunhas destas entidades xa fixeron público o seu rexeitamento, argumentando que en ningún momento o sector demandou unha empresa pública de turismo e de ser esta a solución óptima para o fomento e a desestacionalización do turismo, a iniciativa xa sería emprendida dende o sector privado.

Ante esta situación, Elena Candia, retoma a Lei 7/1985, reguladora das bases do Réxime Local, e céntrase no artigo 36, onde aparecen como competencias propias da Deputación: a coordinación dos servizos municipais, a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios especialmente aos de menos capacidade económica e de xestión, a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e a planificación no territorio provincial, dacordo coas competencias públicas das demais Administracións Públicas e en xeral, o fomento e a administración dos intereses particulares da provincia.

Di Candia, que con estas actuacións, a Deputación provincial deixa de asumir as súas competencias constitucionais e deriva así recursos públicos a outros cometidos, desoíndo o mandato constitucional.

Ante isto e tendo en conta a importancia que supón o turismo para a provincia, o PP insiste na necesidade do seu potenciamento e desestacionalización e o traballo consensuado cos entes ligados ao turismo.

Exit mobile version