Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide no Parlamento axilizar os procedementos para obter licencias turísticas

Nota de prensa:

Pide a creación dunha comisión de traballo participada pola Xunta e a Fegamp para eliminar trabas e burocracias que prexudiquen a competititivade das empresas turísticas

O PPDEG SOLICITA NO PARLAMENTO AXILIZAR OS PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS PARA A OBTENCIÓN DE LICENCIAS TURÍSTICAS CO FIN DE DINAMIZAR O SECTOR

 Emma Álvarez explicou que a iniciativa busca facilitar e simplificar a lexislación en materia de turismo en todos os concellos, reducindo as cargas administrativas e eliminando os elementos que freen e bloqueen a actividade emprendedora turística

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2012.- O PPdeG ven de presentar no Parlamento unha iniciativa encamiñada a axilizar os procedementos administrativos para a obtención de licencias turísticas, co fin de dinamizar este sector na nosa Comunidade.

Emma Álvarez Chao explicou que “moitas veces a multitude de ordenanzas municipais existentes para a apertura de establecementos turísticos o que fai é complicar a tramitación e por trabas ao desenvolvemento da actividade polo que, salvando as peculiaridades dos centros históricos dos concellos, é necesario que exista unha coordinación que facilite os trámites precisos para obter esas licencias”.

Na iniciativa popular se solicita que esa coordinación se estude no marco dunha comisión de traballo participada polo centro directivo en materia de turismo da Xunta de Galicia e a Fegamp.”Trátase de evitar eses procesos que a veces son demasiado lentos e complicados e simplificar a lexislación en materia de turismo en todos os concellos, reducindo as cargas administrativas e eliminando os elementos que freen e bloqueen a actividade emprendedora turística” explicou Álvarez Chao.

Para o deputado popular, “coa recente aprobación da Lei do Turismo de Galicia o sector acada un novo marco legal axeitado á realidade actual que lle permitirá sen dúbida aproveitar ó máximo todo o potencial turístico”. De feito, tanto a nova lei como a lexislación europea (a través da directiva marco de servizos) buscan acadar unha maior liberdade de empresa, eliminando trabas e burocracias que prexudiquen a competitividade do sector turístico da nosa Comunidade”.

Emma Álvarez Chao salienta que, sobre todo na Mariña lucense, polo potencial que ofrece desde o punto de vista da atracción turística ao longo de todo o ano, é preciso impulsar accións como a presente para facilitar o traballo daqueles emprendedores que presenten proxectos para dinamizar o turismo, facilitando a implantación dos seus negocios con tramitacións administrativas áxiles e efectivas.

Exit mobile version