Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pídelle á Deputación que intensifique a súa colaboración en materia de igualdade

Nota de prensa

O PP Provincial pídelle á Deputación que intensifique a súa colaboración en materia de igualdade

. Coíncidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, o Grupo Popular denota falta de sensibilización por parte da Deputación nesta área

Lugo, 7-3-2012. – O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo denota deixadez da Deputación Provincial de Lugo en relación coa cooperación e involucración do organismo provincial en materia de igualdade e de sensibilización.

Ante esta situación e tendo en conta que mañá se celebra o Día Internacional da Muller, a voceira provincial do Grupo popular reclámalle ao organismo provincial que intensifique a sensibilización en materia de igualdade dentro do marco das súas competencias.

Segundo explica Candia, son moitos os concellos que levan a cabo plans de igualdade e iniciativas de información á muller polo que lle pide ao organismo provincial que incremente as súas axudas de colaboración cos entes locais, ben orzamentariamente ou ben mediante campañas de sensibilización ou programas de emprendemento, e que demostre así unha maior sensibilización de cara á muller.

A portavoz do Grupo Popular resalta que dentro da estrutura organizativa da Deputación provincial hai a área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, enmarcada dentro de Vicepresidencia, na que o ámbito de actuación relacionado coa igualdade carece de prioridade, o que segundo Candia demostra a falta de sensibilización do responsable do organismo. Ante esta situación o PP reclámalle á Deputación que intensifique a súa involucración na área de igualdade.

Exit mobile version