Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP solicita protección para o xacemento arqueolóxico O Carreiro-Marzán en Foz atopado por Mariñapatrimonio, a súa sinalización e a inclusión no inventario xeral

Recorda na iniciativa presentada que foi atopado pola asociación Mariñapatrimonio e incluído no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia

O PPDEG SOLICITA NO PARLAMENTO PROTECCIÓN PARA O XACEMENTO ARQUEOLÓXICO O CARREIRO-MARZÁN EN FOZ, A SÚA SINALIZACIÓN E A INCLUSIÓN NO INVENTARIO XERAL DO PATRIMONIO CULTURAL

 A deputada popular Emma Alvarez pide realizar estudios, en coordinación cos organismos competentes, sobre as necesidades para a conservación desta riqueza cultural e que sexa dada a coñecer aos visitantes da zona

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2012.- O PPdeG ven de presentar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que solicita protección para o Xacemento arqueolóxico O Carreiro-Marzán, sito a 300 metros do casco urbano de Foz, entre as praias de Llas e A Rapadoira, a súa sinalización e proceder a estudar a inclusión do mesmo no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural.

O Grupo Popular recorda na iniciativa presentada que este Xacemento foi atopado pola Asociación Mariñapatrimonio recentemente e xa foi incluído no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.

A deputada popular Emma Álvarez Chao pide na Proposición non de Lei realizar estudos e documentación do Xacemento, en coordinación cos organismos competentes, sobre as necesidades para a conservación desta riqueza cultural e proceder a súa sinalización co fin de dar a coñecer a súa existencia aos visitantes da zona.

Este Xacemento costeiro semella estenderse por varias penínsulas do litoral focense, indica a deputada popular na súa iniciativa, cunha extensión que podería chegar aproximadamente ás 6 hectáreas de terreo. “Na liña de costa quedaron ao descuberto – continúa dicindo Álvarez Chao – por mor dun temporal diferentes restos de estruturas e muros, algúns dos cales se asentan sobre un pavimento arxiloso de cor vermella e tamén o que semellan ser derrubes antigos e incluso elementos singulares, como un muíño de man castrexo e algún pequeno resto cerámico”.

A deputada popular engloba esta acción na necesidade de “conservar, protexer e investigar o noso patrimonio cultural arqueolóxico como claves identificadoras dos nosos orixes históricos e que posibilitan comprender a nosa cultura e desenrolo social”.

Remitido

Exit mobile version