O PREGON DE MARISOL
Guillermo Moreda, a quen todos coñecíamos polo segundo apelido – Oroza – foi un home culto por estudoso e esforzado, o que permitiulle acadar unha formación moi por enriba do que era a media naquela sociedade de tantas carencias, e chegar a ocupar postos de liderago no organigrama do Instituto Social da Marina, labor ó que entregou boa parte da súa vida, con ilusión e entusiasmo, persoeiro de grande prestixio.
A súa filla Marisol, xornalista de ampla traxectoria, muller dinámica e emprendedora, amante da terra dos proxenitores herdou deles, sen dúbida resultas das vivencias cotiás de tan arriscada profesión, o amor polas xentes mariñeiras que concienciaron a súa sensibilidade a prol dese gremio que a impulsou a tomar sobre os seus hombreiros a responsabilidade da asociación “Herederos de la mar”, por ela inspirada, con obxetivos ambiciosos. dende a que se ven impulsando unha serie de melloras non só de tipo económico, senon tamén de atención a diversos aspectos que inciden na dignificación e no desenvolvemento social, cultural e humano. Marisol, que ten publicados media ducia de libros, aporta a “Herederos de la mar” os beneficios que os mesmos lle reportan.
Como colofón á súa intervención, a Coral Polifónica de Foz, que vive o mellor momento artístico da súa historia, baixo a dirección de Carmen Alonso Leal, ofrecerá o que é tradicional concerto de apertura no marco inigualable da basílica. Posiblemente se lembre por moito tempo éste como “o pregón de Marisol”….
Suso Fernández