Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz asegura que o concello cobrou 3 millóns de euros o ano pasado e “non se sabe que fixo con eles”

Nota de prensa

José Maria Garcia Rivera, di que “o Alcalde de Foz é un irresponsable de primeira man, un victimista e non ten idea de cómo se Goberna un Concello”

Explica Rivera, que no ano 2011 cobráronse 3.000.000 de euros en impostos e non se sabe que fixo con eles, agora saca noticias de victimismo para que a oposición lle aprobe en pleno o plan de pago aos provedores, recordando tamen que xa intentara, o Sr Castiñeira, pedir un crédito ICO que ía custar 40.000 euros de intereses en dous anos a todolos veciños e veciñas sendo rechado pola oposición.

Quen se pode crer que se perda a Feira do Libro por non pagar una factura de 3.000 euros, e este señor se gaste nas festas de San Lorenzo do Concello 150.000 euros, se fagan bailes os que non acude case ninguén e se pague por orquestras mais de 3.000 euros. Débeda coa Feira do libro, que por certo, non pertence ao ano 2010 como acusa o Sr Castiñeira nos medios senón o pasado ano 2011 co PP xa no Goberno Municipal, o Goberno anterior deixou todo pagado no relativo a ese tema, polo que esíxese unha desculpa é unha rectificación pola sua acusación a outros da súa mala xestión. E para mostra un botón temos Concellos o noso carón como Viveiro, Burela, Ribadeo con moita mais débeda que Foz e os Alcaldes non andan todos os días chorando polas esquinas e lamentándose, explica Rivera, que en Foz non hai ningún problema de liquidez, o que existe problema de desgoberno e un alto interese por parte do Sr Castiñeira de facerse a víctima para que a oposición lle aprobe pedir créditos e facer o ridículo.

Queixase tamen Rivera de que “O Alcalde ten que entregar á oposición cada trimestre a situación do Concello en materia económica e leva xa dous trimestres sen entregala, ¿por qué?, por algo será, e agora ben con estas, xusto cando se ten que facer un pleno decisivo para aprobar un crédito que endebedará o concello para moito tempo, así goberna calquera, outros tivemos que loitar cunha herencia tremenda dende o ano 1995, e sacamos Concello adiante con moito sacrificio e a maiores fixemos un feixe de obras, pero este Alcalde solo ocupa poder e non fai absolutamente nada. O que debería facer, Sr. Castiñeira, é poñer o seu cargo a disposición da Corporación e marcharse para a súa casa, pois os veciños e veciñas de Foz son moito mais listos do que vostede se cre e non lles van valer escusas de mal pagador, cando vexan que se ten que empeñar o Concello pola súa mala xestión é inoperatividade”

Recorda tamén cando o Sr Castiñeira andaba por tódolos medios de comunicación, dicindo que ía buscar por tódalas esquinas as facturas ocultas que estaba seguro que existían, pero como quedou comprobado no Pleno Municipal e por boca do propio interventor do Concello que non se tiña constancia de ningunha factura fora de contabilidade.

Remata Rivera dicindo , “O noso grupo municipal actuará con responsabilidade para evitar que este señor queira facer do Concello a súa finca particular, reunindo o resto dos grupos da oposición para tomar unha decisión conxunta que non poña en xogo a solvencia do Concello”.

Exit mobile version