Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz contra a decisión da Xunta de excluir a Feira do Libro de Foz, unha das mais antigas de Galicia, do calendario oficial

Nota de prensa

O PSdG-PSOE de Foz non da crédito ante o anuncio feito pola Federación de Libreiros de Foz, de que a Xunta de Galicia non incluíu a Foz no calendario oficial para unha nova edición da Feira do Libro no ano 2012.

A non inclusión da Feira do Libro no calendario de Feiras a celebrar co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia fai que agora se teña que estar a ver si é posible a súa organización por libre, esta ausencia no calendario é algo que demostra unha irresponsabilidade total por parte do equipo de Goberno do PP de Foz, que non é tolerable e sempre pola mesma teima do Alcalde, “non hai cartos”, cando a débeda do Concello de Foz e unha débeda pequena e perfectamente asumible e a maiores é a mais baixa con respecto aos Concellos Mariñaos da súa entidade, (Ribadeo,Burela), creemos que o problema non e ese, o asunto radica na ineptitude das persoas que dirixen o Concello e que casos como este vamos a ter moitos mais, e se non tempo o tempo.

A Feira do Libro de Foz unha das mais antigas de Galicia, é unha referencia cultural para Foz, algo histórico que temos a obrigación de seguir celebrando para que non perda absolutamente nada o seu caché e tamén por respecto aos nosos libreiros que foron os artífices únicos de tan importante evento.

Os Socialistas solicitamos ao Alcalde e ao Equipo de Goberno que se poñan a traballar e que confirmen o apoio e colaboración o antes posible coa Feira do Libro de Foz, pois entendemos que non hai razón de peso para que non se celebre e o que si seria unha autentica decepción seria o contrario.

Exit mobile version